Portada

U-la neutralidade relixiosa das institucións públicas?

Cartas al director

U-la neutralidade relixiosa das institucións públicas?

O alcalde de Vigo, Abel Caballero e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, poñen en evidencia outra vez a inclinación innegable das institución públicas españolas e galegas hacia a Relixión Católica, en detrimento por tanto, de outras formas de vivir ou non a espiritualidade humana.

Según informan varios medios de comunicación, está en construción unha escultura relixiosa de 6 metros de alto e 7 toneladas de peso para colocar na croa do Monte da Guía, símbolo e porta de entrada á Ría e a cidade de Vigo.

Polo desmbolso económico, polo tamaño da peza e polo emprazamento elixido, a participación pública, contravén o artigo 16 da Constitución, que declara que “ningunha relixión terá carácter estatal”, pero sobre todo contravén o principio de democracia que plantexa a neutralidade relixiosa das institucións estatais como única posición verdadeiramente útil para a convivencia harmónica  das diferencias opcións persoais. 

Dende Europa Laica Galicia, denunciamos este feito como un de tantísimos abusos das institución públicas estatais e galegas a favor da relixión Católica,  e  esiximos  outra vez a derogación dos Acordos do 79 co Vaticano que son a base dos privilexios duns cidadáns sobre outros.