Cartas al director

Asociación Vecinal de San Miguel de Oia

Como socio de esta entidad quero suliñar a miña preocupación pola deriva que está a levar o noso presidente.
Non estou disposto a pasar por alto os últimos acontecementos que tiveron lugar no local da nosa sociedade. Refírome os actos que se desenvoleron con motivo da campaña electoral as eleccións municipais do pasado 28 de maio.
A asociación acordou que todos os partidos democráticos que se presentaran as eleccións tiveran a súa disposición as instalacións da sociedade para explicar os seus programas.
Asistín a tres actos, BNG, Podemos-Marea e Partido Popular. Visto o acontecido quero denunciar o papel que xogou o noso presidente, a quen se lle presupón a súa neutralidade neste tipo de mitins, cousa que si cumpríu nos dous primeiros (BNG e Marea-Podemos), situándose na primeira fila do público e facendo as preguntas pertinentes.
No acto do Partido Popular a situación deu un xiro de  cento oitenta graos. A diferenza dos anteriores, o sr. Presidente tomou partido. Foi esperar a candidata o aparcadoiro, entrou no local social acompañandoa como si fose unha autoridade, unha vez no auditorio sentouse o seu carón como si él mesmo fose un candidato máis.
Ante esta actuación cabe preguntarse: Qué papel estaba xogando vostede ahí? Qué representaba? Era candidato, portavoz, asesor? Por que non se conformou con permanecer sentado na primeira fila, tal e como fixo cos candidatos dos outros partidos, exercendo incluso de presentador como si fora parte do equipo.
Como socio de esta entidade esixo explicacións, xa que entendo, que non se pode por a asociación o servizo dun político determinado.
Como de costume negará a maior,  cousa que fai a miudo nas asembleas da asociación.