Cartas al director

Adolfo Valdés "O Ruca" e os políticos

n  n  n Quen non coñece en Ourense a estrada que, comenzando no xardín do Posío, da servicio as bisbarras dos Concellos de Barbadás, Merca, Celanova, Bande e máis; estrada que morre por as terras de Lobios e Entrimo, éstas somente desechadas da Nación veciña por unha risca coñecida por "a Raia Seca".
Pois ben, esa estrada en toda sua lonxigude e amplitude de ditas bisbarras, foi berce de milleiros de músicos  e abondosas bandas de música, con moita sona en toda a Nación galega e fora de ela.
Estrada que no seu percorrido alviscas frotando no ar, un arrecendo, de notas musicais saidas de un clarinete, oboe, sasofón, flauta, etc., que alguén dispois da sua angueira no bacelo, acariña suas teclas.
Dar acordanza ou memoria de eles, músicos e bandas, maiormente populares e unha que outra municipal, comprirían tres ou catro grosos libros; ainda que, compre aperceber, que en este eido, xa se levan espallado moito, pero sen chegar a manchea.
A desemellanza no xacer dre seus directores, mansedade do Isolino Canal, Félix Molina, a sosegada batuta de Aurelio Nieto, o xenio de Manolo Rego, o acougado Ricardo Courtir, o baril pianista Gerardo Cancio, a elegante batuta de Alejandro del Río e mais, foi sempre xunguida a abondosa teimosa de doalo todo por levar a música, o mais outro cutiriño...
Dos moitos directores que estas bandas tiveron, adianta ou destaca un, que sua sabeduría e xeito, elegante batuta, pacencia, humildade o mesmo tempo que xenio, músico hastra o miolo, encumou de grande sona toda canta banda dirixiu, os aprlausos e premios logrados, moi deseguida figueron que este home acadara tal popularidade, que en calquer currumcho de aldeia ou vila, que por el perguntaras daban razón e coñecemento. Seu nome Adolfo Valdés, seu alcume "O Ruca" alcume que, axudou a que medrara, ainda mais sua sona, dando pé, esta, a moreas de "ditos" e "contos" que trabucan a verdade.
E, así como o del Río principiou tocando o Fliscornio, Adolfo da seus principios na Banda de Celanova tocando o baixo, tamén o bombardino, saxo-alto e trombón, pero como antes dixen seu aseñoramento é, como director.
Eu nomais vou testar arredor de unha anecdota, verdade ou argallada, que a él lle apoñen, anecdota de sobras coñecida, pero que de vez en cando compre relembrar.
Foi en un ensaio na traseira de un bar, dispois de dez ou mais intentos de axuntar a peza elexida, ante tal imposibillidade e con moito cabreo, subiu a tarima (unha maleta de madeira onde gardaban as partituras) e dirixiuse os músicos, pregou silencio e díxolles: "Mirade, paso de que non lle fagades caso a batuta, e non me importa que un toque en clave de "fa" e outro en clave de "sol" tampouco me importa que desafinedes, paso que entredes a destempo, e tamén se non levades o ritmo, dame igual se "pifiades" e paso que non sosteñades ou cambiedes as notas.
Pero por favor, carallo, tocade todos a mesma peza".
Señores ministros, deputados, senadores, alcaldes e demáis parafernalia adicta e con marchamo de trepadores en política, aplíquense o conto, a ver se de unha puñetera vez ten esto arranxo.