O Trofeo Montes das Eiras do Rosal acolleu a sexta proba da Copa Galicia de ciclocross con 350 ciclistas e vitoria de Ana Santos na categoría feminina
O concello do Rosal acolleu o pasado sábado o Trofeo Montes de Eiras de ciclocross nunha ubicación nova debido a que o tradicional trazado da praia fluvial non obtivo os permisos requeridos. O club ciclista da localidade realizou un esforzo notable para crear un novo trazado que cumpriu as expectativas e, xa na competición, os ciclistas puxeron moito a súa parte para ofrecer un espectáculo fermoso que tivo como prato estrela do día a proba sénior masculina. Daniel López Parada e o porriñés Jacobo Ucha mantiveron un man a mano pechado, con múltiples cambios no liderado, ata que o coruñés tomou uns metros de renda nos últimos metros, que se disputaron baixo os constantes ánimos do público.
En mulleres a vitoria foi para a portuguesa Ana Santos, que conseguiu superar á armada galega liderada pola viguesa sub-23 Carla Fernández, a júnior Laura Capa e a elite porriñesa Chus Barros, triunfadoras nas súas correspondentes categoría.
En júnior masculino, a vitoria foi para Vasco Cunha, con Raúl Rodríguez, do Redondela Il Piccolo, na segunda posición. En cadetes obtivo a primeira praza André Martínez, do Avanza, e Laura Mira, do Redondela.
No referente á clasificación xeral, o porriñés Jorge Punzón continúa no liderado da categoría sénior, pero a xornada deixou tres cambios na primeira praza. André Martínez pasa a encabezar a cadete e, David Fernández, a júnior. Ambos do Avanza, mentres que o sub-23 do club porriñés, Óscar Fernández, perde o liderado en favor de Ángel Maneiro (Toxo).