xornal escolar

Concurso de Postais de Nadal de Vitrasa

Ainhoa, Susana, Vanesa, Silvia, María, Carlota e Manuela.
photo_camera Ainhoa, Susana, Vanesa, Silvia, María, Carlota e Manuela.

A empresa Vitrasa premiou aos gañadores do concurso anual de postais de Nadal que tódolos anos entrega nas vacacións navideñas dos alumnos vigueses. Bruno Lago Miguélez, do Colexio Monterrey, foi o gañador do concurso de Postais de Nadal que un ano máis se organizou co obxectivo de escoller os debuxos que mellor ilustren estas festas coa cidade e o transporte público e cos que a empresa felicitará as festas aos seus amigos, colaboradores e contactos. O segundo premio recaeu en Florencia Pérez González do Colexio San Fermín e o terceiro en Silvia Álvarez Bueno do Colexio Divino Salvador. 
Por onceavo ano consecutivo, Vitrasa invitou a todos os centros de Educación Primaria de Vigo a participar no concurso de postais de Nadal, no que finalmente se recibiron nesta edición máis de 300 debuxos con Vigo como protagonista. 
Entre todos os debuxos enviados, seleccionáronse un total de tres para ilustrar as postais que a empresa empregará este ano para felicitar as festas. 
Ademais, tres autobuses da flota irán vinilados no seu interior coas postais gañadoras dos nenos vigueses. Con motivo da entrega de premios a empresa responsable do transporte colectivo vigués invitou aos rapaces dos colexios participantes á proxección da película “Rogue one: Una historia de Star Wars” nos cines de Centro Comercial Gran Vía a que asistiron numerosos escolares da cidade.  
Máis de 120 nenos dos centros escolares así como os fillos dos traballadores de Vitrasa disfrutaron dunha xornada divertida no acto co visionado da última entrega da serie da Guerra das galaxias. Antes de dar comezo a película, Juan Carlos Villarino, actual director xeral de Vitrasa, fixo entrega dos premios aos gañadores que fotografiaronse con responsables do concurso e xurado. O acto de entrega de premios contou coa presenza do alcalde Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos, Ángeles Marra que felicitaron aos alumnos pola súa imaginación, o seus traballos presentados e a colaboración constante con certámenes coma este que tratan de motivar aos nenos a pensar na cidade comio marca e punto de partida de acciones.

Te puede interesar