vigo

El Sergas descarta crear el centro de salud de Bouzas

n n n A deputada Eva Solla volveu interpelar á Consellería de Sanidade en sede parlamentaria sobre o proxecto de construción dun novo centro de saúde en Bouzas, demanda do barrio vigués, que malia estar comprometido pola Xunta dende hai doce anos e contar con terreos, aínda non se executou. Para a parlamentaria de En Marea non é válida a resposta do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, que sinalou que os veciños de Bouzas están suficientemente atendidos no centro de saúde de Navia, “pois o único que fixeron nos últimos tempos foi recortar profesionais en Atención Primaria e a media de pacientes por médico supera con creces as recomendacións dos organismos sanitarios”.
Solla tamén fixo referencia na súa intervención á elevada idade dos usuarios deste barrio vigués e a súa dificultade para ir a Navia.
Os veciños de Bouzas volveron onte a manifestarse na rúa, como fan todos os xoves, para reclamar a construcción desta infraestructura sanitaria. n
 

Te puede interesar