Marcos Calveiro, novo directivo de Galaxia

Marco Calveiro, en Atlántico.
photo_camera Marco Calveiro, en Atlántico.

O escritor Marcos Calveiro incorporarase á editorial Galaxia como o novo director de Edicións. Marcos Calveiro naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil.

Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, “Festina Lente”, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela "Fontán" e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela “O xardineiro dos ingleses”.

En Galaxia ten publicado o primeiro tomo da saga dedicada a Curros & Holmes, titulada “Curros & Holmes no misterio d’o Kapital”. Tamén publicou con Xerais, “Todos fomos” (2021), Festina lente” (2008) y  “Settecento” (2010).

Te puede interesar