A xornalista galega presentou o seu primeiro libro, no que abrangue as reivindicacións das mulleres de Galicia en prol dos seus dereitos dende 1975

Elvira Fente: “Agora o termo feminismo xa quedou arcaico”

Elvira Fente presentou o seu libro onte no centro de estudos femininos de Vigo. foto: landin.
“O feminismo en Galicia comeza con anos de atraso respecto a Estados Unidos e a Franza por mor do franquismo; pero cando xorde en 1975 é un movemento moi reivindicativo”.
“O feminismo en Galicia comeza con anos de atraso respecto a Estados Unidos e a Franza por mor do franquismo; pero cando xorde en 1975 é un movemento moi reivindicativo”. Así calificou a xornalista Elvira Fente, que presentou onte o seu libro “Parir a liberdade”, da editorial Alvarellos, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
A publicación afronta unha época e unha loita, que aínda que próxima no tempo, queda lonxana en canto aos obxectivos: “Era unha sociedade diferente e uns obxectivos distintos; ata o nome evolucionou, agora o termo feminismo xa quedou arcaico fronte a denominacións como femininas ou cuestións de xénero”, puntualizou a autora en declaracións a este medio.
O título é unha homenaxe a María Xosé Queizán e o seu libro “A forza do sangue”, no que unha muller loita por enterrar o seu irmán considerado traidor polo rei. Desobedece ao monarca e é encarcelada; abandoada por todos morre e ante o seu corpo, a súa irmá embarzada arrepíntese de non a ter apoiado; enfróntase ao rei e berra: “Quen me dera parir a liberdade!”. Así, exprica Fente o espírito do libro: “É a historia das mulleres que tiveron ese desexo e loitaron por el”.
Son dez as protagonistas a traveso das que conta a realidade do movemento: A propia María Xosé Queizán, Nanina Santos, Ana Fernández Puentes, Carmen Blanco, Sabela Mouriz, Tareixa Navaza, Rosa Bassave, Lupe Ces, Ana Míguez e María Xosé Agra sométense ás preguntas de Elvira Fente. “Non as escollín a elas entre outras, foi un achegamento natural; pois o ir adentrando no tema xorden os nomes por si mesmos”.
Para a xornalista, “debémoslles tódolos avances dos que disfrutamos dende a integración laboral, a distribución das tarefas domésticas, a conciliación familiar ou o permiso de maternidade, polo que da súa loita quedou todo”. Non embargantes, Fente considera que o seu esforzo non ten o recoñecemento social que merece. “Elas están satisfeitas porque fixeron realidade no que crían, pero a sociedade non o valorou”.
No seu estudo analiza os seus avances primeiro no social, insertando a muller no traballo e despois no legal.

Te puede interesar