O director de arte Artur Galocha, encargado do deseño da portada, confesa no seu Twitter como foi o proceso de creación da imaxe exterior do existoso libro de Nacho Carretero
Nun fío de tuits, Artur Galocha, o encargado de facer a capa do libro Fariña, explicaba este domingo na súa conta de Twitter como foi o proceso que culmiou coa portada actual. Dun xeito moi divertido, Galocha mostra un proceso creativo que pasou por diferentes etapas ata conseguir a idea final: un fardo de cocaína, onde se len o nome do autor, Nacho Carretero, e 'Fariña', no medio da droga.
Vouvos contar como foi o proceso de creación da capa de #Fariña.
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Vai en galego, pero seguro que os castelanfalantes non tedes problema para entendelo 😉 pic.twitter.com/aOxud6AOdX
En novembro de 2014 Emilio, de @librosdelko, mandou un mail cos tres primeiros capítulos de Fariña, que aínda non tiña título (non desvelarei as outras opcións 🙂). Flipei e quería ler máis. Emilio dixo: "Este libro lo va a petar". Non imaxinou tanto. O word comezaba así: pic.twitter.com/Pa7rOkK9O6
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Cando xa decidiran que o título ía ser Fariña fixen esto correndo (sobre unha idea de Emilio que me mandou a imaxe da esquerda) para incluilo nos catálogos de 2015. pic.twitter.com/2wUZ4Mcrb4
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Non me gustaba moito e estaba atascado. Pero entón atopei este artigo do NYT das mellores capas de 2014 https://t.co/N5NL3I1LlP (a ver se se fai esto nun medio de aquí algunha vez). Encantoume esta e pensei: "e se as letras de Fariña estivesen entre cocaína?" pic.twitter.com/pef0JDGlHf
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Así que probei e rompín un paquete de fariña (a de facer pan—direi que un colega de A Pobra ofreceuse a conseguir un da outra fariña) para sacarlle unha foto e foi cando vin claro o do fardo. Busquei fotos de fardos e fixen isto: pic.twitter.com/EMwRUlhMP7
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Neste momento viu o técnico a poñerme o adsl e atopou esto no medio do estudio… miroume raro e expliqueille o conto. "Joder, qué susto me llevé", dixo entre risas.
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Púxenlle o título entre a fariña, pero non quedaba de todo ben para o libro. pic.twitter.com/18ngSjX7Pp
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Así que forrei un libro similar e escaneeino. pic.twitter.com/zbKsWlsK4C
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
E xa cas dúas fotos púxenme a photoshopear para xuntalas. pic.twitter.com/a62nFVEJNO
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
E o texto de contra fíxeno con esta Olivetti Lettera 32 que agora está collendo polvo. pic.twitter.com/EBXoRWtNEF
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
E iso é todo sobre a cuberta. Aínda conservo o libro forrado que, sinceramente, non sei cal é 😅 pic.twitter.com/uhCO3dVq9M
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Ademáis Emilio e Nacho propuxeron facer uns mapas e unhas infografías para que fosen dentro do libro. Esto é o que mandou Nacho: pic.twitter.com/pJRruZKIw0
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
E quedaron así: pic.twitter.com/pV1UxWQm47
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Quedamos a comer os tres e Nacho explicoume como fan para meter a droga. E saiu a infografía da faixa: pic.twitter.com/H8ScNNswoX
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Ademáis mandaron esta infografía de @Alexia_LC en La Voz de Galicia, que adaptei tal que así. pic.twitter.com/C9Y3piKJta
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
A movida foi que cando ía entregar todo para enviar a imprenta rompín os dous cóvados na bici… así que en lugar de ter o libro a finales de xuño tiveron que esperar a mediados de agosto a que eu puidese mover os brazos 😅 pic.twitter.com/Tpk6PwVicx
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018
Xa vedes que ten toda unha historia detrás. E a que lle falta. Grazas a @librosdelko e a @NachoCarretero por deixarme formar parte desta historia 😉 pic.twitter.com/OX0WKHr9I4
— Artur Galocha (@arturgalocha) 4 de marzo de 2018