Ana Potón asegura que "haberá máis BNG en todo o Morrazo"

Leticia Santos recibíu o apoio de Ana Pontón en Moaña.
photo_camera Leticia Santos recibíu o apoio de Ana Pontón en Moaña.
A voceira nacional do BNG afirmou que Moaña é un referente dentro e fóra de Galicia pola súa política local

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, acudiu onte a Moaña para participar nun acto electoral xunto a actual alcaldesa, Leticia Santos, que leva sete anos co bastón de mando. “O BNG é a papeleta das persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón, as que queren máis para os seus concellos”. Pontón asegurou que “haberá máis BNG en todo o Morrazo” e que Leticia Santos “seguirá facendo historia”.

Amais de louvar o traballo feito pola candidata á reelección baixo o lema “Moaña máis por vivir”, a voceira nacionalista afirmou que en Moaña vive “xente feliz nun concello Champion”.  Mantivo que a vila é un referente dentro e fóra de Galiza “polo seu urbanismo humanizado, pola súa mobilidade amable e por aplicar medidas da vangarda en sostenibilidade”.

Unhas horas antes, a campaña levou a Leticia Santos hasta Tirán. Alí mantivo un encontro coa veciñanza, no que estivo acompañada por outros membros da lista: Daniel Rodas Chapela, Kevin Gonzalez Santiago e María Sanluis Ferradás. “É un equipo de luxo que contribuirá a desenvolver as nosas propostas para que Moaña siga a ser o mellor lugar para vivir”, apuntou.

Te puede interesar