Santalices: "A miña intención é publicar un libro coas anécdotas vividas este anos"

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices.
photo_camera O presidente do Parlamento, Miguel Santalices.
O deputado do PP Miguel Santalices Vieira asumiu por última vez a presidencia do Parlamento de Galicia

O ourensán Miguel Santalices Vieira encara a súa oitava lexislatura no hemiciclo autonómico e está á fronte do Lexislativo autonómico desde a marcha da súa antecesora, Pilar Rojo, no ano 2016. Onte tomou posesión do seu cargo recalcando que será a última vez.

Se lle viu especialmente emocionado nesta toma de posesión. Por algunha razón?

Este acto,  que foi a cuarta vez no que son elexido presidente do Parlamento, sempre é moi emocionante. Neste caso estaba no Parlamento moita xente de Ourense, familia, xente dos colectivos sociais o que lles teño un gran aprezo. E iso sempre xenera una emoción. Emocionado, pero tranquilo e disposto. Pode ser que máis emocionado que outras veces porque son consciente de que ésta ten que ser a última toma de posesión coma presidente.

Será a última?

Sí, sí. Hai un momento en que aínda que un poida estar moi ben físicamente, hai un determinado momento no que para determinados postos se requiere algo máis de xuventude, máis dinamismo e penso que decir que é a última lexislatura para mín non pode sorprender a ninguén. En algún momento hai que pensar en deixalo.

No seu discurso contou que o seu pai non quería que se adicase a política. Pois leva vostede uns cantos anos. Moito caso non lle fixo.

Meu pai díxomo dende a óptica de que entrar en política  suponía acabar cunha traxectoria como xestor sanitario. Tamén me recalcou que dende o momento que entrase en política os meus defectos sairían a luz e serían públicos. Levou un disgusto grande pero eu penso que co paso do tempo tiña que estar contento da miña decisión e da miña traxectoria política. 

Oitava lexislatura. Pasaron rápido os anos botando unha ollada ó pasado?

xTan rápido non pasaron. Se empezas a pensar os diferentes momentos que houbo na lexislatura, que os houbo emocionantes, duros, máis tranquilos. Houbo algunha lexislatura que se me fixo máis longa que outras pero teño moitas vivencias e a miña intención está en que cando deixe a política activa, teño pendiente un libro de anécdotas do Parlamento dende as vivencias propias. Teño moitas anécdotas que contar. Non será un libro de pensamento político. Comecei a escribir durante a pandemia diferentes recordos e xa levo 398 anécdotas e vivencias recopiladas, que despois dunha selección poderán ver a luz nun libro. Parte do traballo xa está a feito. Será un libro sen contenido político, unha visión dun home que deixou a xestión sanitaria para adicarse de cheo á política.

Qué espera desta lexislatura. Será das tranquilas?

Unha das cousas que me sinto máis orgulloso é do nivel do respeto dos deputados e deputadas do Parlamento. É certo que hai debate pero nunca se xenerou unha noticia a nivel nacional pola falla de respeto. E outra cousa moi importante é o uso da lingua galega que se fai no Parlamento. Todos os deputados a falan, algo que non pasa en sitios como o País Vasco ou Cataluña.

Te puede interesar