Ser ou non ser grande

Xosé Ramón conduce o balón nun partido desta tempada en Santa Mariña.
photo_camera Xosé Ramón conduce o balón nun partido desta tempada en Santa Mariña.

O Choco, situado na terceira praza, recupera a Silva para recibir ó Noia (17:00, Santa Mariña)

O Choco ten esta tarde un deses partidos que marcan a madurez dun equipo. Non xoga ante un rival de nome e o opoñente está na zona baixa da táboa. Un tipo de enfrontamento que un equipo da zona alta debe solventar sen problemas ante a súa afección. Se o fai, confirmará que a formación de Marcos Montes este ano loitará polas prazas altas da clasificación e non se limitará á eludir o descenso, o que sempre supón o primeiro obxectivo de calquera equipo da categoría. 
Para acadar a vitoria, Marcos Montes recupera a Silva tras superar unha lesión muscular e podería regresar ó once titular. Non obstante, todo dependerá de se o técnico estima que ten o ritmo de competición adecuado tras pasar varias semanas fóra do equipo. Se non está ó máximo nivel, podería ter continuidade Óscar na punta do ataque e reservar a opción de Silva para o segundo tempo. 
Yago Vázquez, habitual lateral dereito, é baixa no conxunto de Redondela e, sen xogadores específicos para o posto, podería ocupar Cristian a banda diestra da retagarda local. O recén chegado Rober e Suso non entraron na convocatoria do equipo de Redondela.
Ata o momento, o Choco está na zona alta da clasificación, no terceiro posto, e a un punto do liderato que comparten Cerceda e Rápido de Bouzas. A tempada na Terceira División é notablemente igualada, especialmente nos postos cabeceiros e, tras nove enfrontamentos, os sete primeiros equipos atópanse nunha marxe de tres puntos. 
Pola súa banda, o Noia chega a Redondela ó borde da zona de descenso e tras lograr o ascenso o pasado curso. O equipo do sur da provincia da Coruña é dos menos coñecidos da categoría pero dispón de varios xogadores con unha ampla exeperiencia na mesma como son Munín, Josiño ou o seu máximo goleador Álex Blanco. Con este xogador terá que ter especial coidado o equipo de Redondela, aínda que todo indica que o Noia saltará ó céspede artifical de Santa Mariña cun plantexamento defensivo ante un equipo que, en teoría, debería ser superior. Polo tanto, xogar con paciencia, evitar erros na construcción e ter velocidade serán os principios básicos do equipo de Redondela.n

Te puede interesar