fútbol

O Choco queda chá

Yago Vázquez despexa coa cabeza un dos moitos centros que meteu onte o Racing Villalbés.
photo_camera Yago Vázquez despexa coa cabeza un dos moitos centros que meteu onte o Racing Villalbés.
O conxunto redondelán perdeu na última xogada ante o Villalbés

O Choco ficou onte igual que a terra que visitou: chá. Sen mordente. O conxunto redondelano perdeu o partido fronte ó Racing Villalbés na derradeira acción dun partido no que voltou botar de menos ós numerosos xogadores lesionados que arrastra dende que comezou a tempada. Deste xeito, e tras estar líder tres xornadas con seis partidos sen perder, o equipo de Gonza Fernández encadena dúas derrotas consecutivas que frenan o seu excelente comezo de curso e o descabalga do play-off.
E todo nun partido no que o Choco foi fiel a si mesmo e tivo ocasións para marcar. Pero desta volta, Adrián Rodríguez -que xogou tocado- non tivo o seu día. O dianteiro vigués marrou varias ocasións nunha boa primeira metade do conxunto redondelán.
O Villalbés reaccionou, con Cuadrado desatado, pero Cortegoso amosou o seu bo nivel con varias intervencións de mérito. O Choco foi perdendo forza co paso dos minutos e aí foi onde acusou a praga de lesións, sen relevos que lle permitisen manter o ritmo. O partido toleou no tramo final e a insistencia local acadou premio xa co tempo cumprido, cando Cuadrado superou por fin a Cortegoso. 

Racing Villalbés: 
Pita; López, Vérez, Josito, Buyo; Javi Varela, Make; José Varela (Moreda, min. 86), Javi Sandá (Ángel, min. 77), Diego Rey (Sito, min. 68); e Cuadrado.
Choco: 
Cortegoso; Yago, Aitor Cañedo, Vitra, Diego Abal; Sergio Santos (Reguera, min. 89), Alberto Suárez; Martín (Monchito, min. 71), Tomás Abelleira (Rancaño, min. 83), Félix; e Adrián Rodríguez.
Gol: 
1-0, min. 90: Cuadrado.
Árbitro: 
Castro Alarcón (A Coruña).  Amonestou con tarxeta amarela ós xogadores locais José Varela, Vérez e Muíña (suplente); e  ós visitantes Alberto Suárez, Sergio Santos e Diego Aval.
Incidencias:
Partido disputado na Magdalena.

Te puede interesar