Atlántico

MARÍA REMEDIOS CARRASCO. GAÑADORA DA PROBA FEMININA

"A idea era facer podio e loitar pola vitoria, e saiu"

María Remedios Carrasco, nun momento da proba disputada onte.
María Remedios Carrasco, nun momento da proba disputada onte.
"A idea era facer podio e loitar pola vitoria, e saiu"
María Remedios Carrasco obtivo onte a súa primeira vitoria no Desafío Santander Islas Cíes na súa segunda participación no evento. A extremeña competiu en Vigo por recomendación dunha amiga. "Encontreime bastante ben. O auga esta frío, pero non tanto como o esperaba porque os do sur sempre esperamos unha temperatura moi fría. O treito a bicicleta fíxose duro contra o vento e na carreira comecei alto tocada. Custoume arrincar na primeira volta, pero despois xa fun algo mellor. Estou preparando o Ironman porque en dúas semanas vou a Kona e teño moito fondo, pero non traballo ritmos altos e costa entrar en calor. O máis complicado foi o vento", expresou.
A deportista, que é natural de Badajoz e afincada en Barcelona, expresou que "a idea era estar nos postos dianteiros. Polo menos, facer podio. Gañar nunca se sabe, pero vin a loitar. Xa estiven hai catro anos, pero tiven que retirarme e quedoume esa espiña cravada. Coñecín a proba porque adestro con Ana Otero, que é de Vigo, e vin por ela. O ano pasado vin co adestrador, pero como espectadora, pero nesta si que participei. A proba encantoume". 
Pola súa banda, a gondomareña  Andrea Iglesias rematou segunda e expresou que "estou máis que contenta porque é o primeiro que compito nesta distancia". De feito, expresou que "no inicio de carreira cheguei a poñerme diante, pero pagueino. Quixen gañar, pero foi imposible. Foi un erro".n