vigo

"A volta dos Nove" gaña o Festival de Cine de Vigo

Onte, no peche do Festival de Cine de Primavera de Vigo, na carta edición.
photo_camera Onte, no peche do Festival de Cine de Primavera de Vigo, na carta edición.

Os espectadores da IV edición decidiron  os  gañadores tras 5 días de proxeccións 22 curtas, 13 videoclips e 8 longametraxes 

 O Mellor longametraxe foi para "A volta dos Nove" (2014) de Antonio Caeiro. Documental de 63 minutos sobre un misterioso suceso acontecido o 15 de outubro de 1936 que conmocionou o todo Val Miñor. Apareceron nove inscricións na terra, feito que os cidadáns nunca esquecerían. Son as famosas "cruces" de Baredo, que apareceran varios anos.
O Mellor vídeoclip para "Bombones de Cereza" de Cristian Otero e Marc Soler coa canción do grupo Inerttes.
O Mellor curtametraxe foi para "Curricán" (2014) de Alvaro Gago. Curtametraxe de ficción de 15 minutos onde a mirada de Xan Curricán nos guía polas rúas de Vilanova, un pobo cheo de grandes cadros e interminables epifanías.
No seu discurso de despedida, Juan de Castro, director do Festival por primeira vez, agradeceu a labor de todo o equipo de organización e aplaude o traballo dos realizadores galegos pola calidade da selección oficial deste ano: “O Festival Primavera do Cine naceu, por suposto, para darlle pulo e soporte ao audiovisual galego, pero a nosa primeira intención e o destino da nosa labor sempre vai ser o público da cidade de Vigo, que merece ter a oportunidade de visionar filmes que se caractericen pola súa calidade, eclecticismo e compromiso social. E no noso caso tamén pola galeguidade”.
O director recorda a falta de financiamento da que adoece o festival: “Fixemos o que puidemos cos nosos medios. Este festival levántase con moita intelixencia e favores, e un presuposto de menos de catro cifras. Si, amigos, resistimos. Este festival é posible polo amor ao cine e á vontade de ofrecelo a todos do xeito máis amable e económico posible. Quero agradecer ós patrocinadores que confiaron e se ilusionaron con nos. Agradecer a concellería de Cultura por brindarnos a axuda que habitualmente nos ofrecen. A ver se o ano que ven, se temos festival, se estiran máis, porque cartos parece que hai... Haberá que falar co alcalde que é o que manda manda”.

"Hai moito 'cultureta' que non pisa unha sala", dixo o director

O director Juan de Castro, moi irónico, tamén deu as grazas aos espectadores que acudiron (e inclusive, repetiron) e critica aos pseudo-intelectuais vigueses que non fixeron acto de presenza: “Xogamos coma nunca, perdemos coma sempre ou, noutras palabras, éxito de crítica pero non de público. Non somos ilusos, sabemos que é moi difícil atraer a una persoa a que veña a sentarse, con este sol, a escuras nunha butaca durante hora e media a ver una película que non coñece, non e fácil. Máis houbo xente que viu, e que inclusive volveuno a facer! Xa temos fans! Esta é, para min, a referencia e a satisfacción de que algo o estivemos a facer ben nestes anos. É así como agradezo a estes espectadores, tamén sinalo a moito cultureta que lle plantas un festival coma este e non o pisa, en fin…”
Por último, De Castro adicou unhas palabras de recoñecemento a súa nai: “Este amor o cine que no meu caso foi inculcado pola miña nai, que me explicaba as secuencias de Rebeca ou o xiro final de testemuña De Cargo e eu vibraba con ela, marabillado. É por isto que eu quero adicarlle o meu traballo a ela, a miña nai. Que grazas a ela asegureime moita felicidade co cine”. 

Te puede interesar