Un centenar de participantes na primeira edición desta proba
Os montes de Valadares acolleron na xornada de onte o I Canicross e Trail Inocentada de Valadares, que tivo tres probas conometradas e varias carreiras para nenos, dende a categoría cadete ata a de chupetes.
O día atlético comezou coa disputa do bikejoring, que tivo como gañador a Antonio Pérez, seguido de Paula Hernández e Emma Castiñeiras. Noelia Piñeiro e Joaquim Antao completaron a proba, que rexistrou a participación máis baixa da xornada.
A continuación, disputouse o canicross, que tivo como gañador a Alejandro Gómez. No segundo posto cruzou a liña de chegada Fernando Pérez Fernández e na terceira posición entrou Mónica Touriño con 'Caramelo'.
Tralos que tiñan máis practica, a organización deixou un canicross popular para os que se inician nesta modalidade deportiva e, como imaxe curiosa, quedou o feito de que un dos cans non tiña claro o camiño e, tras dala volta, tirou á súa compañeira de proba, antes de retomar a dirección correcta.
A competición raíña da mañá deportiva en Valadares foi o trail polos montes da parroquia cun recorrido de 14.400 kilómetros e que tivo como gañador a Fernando Pérez, con Alejandro Bastos en segundo lugar e Roberto Lago no terceiro.
Mentres chegaban os distintos participantes, sucedéronse as carreiras de nenos e a xornada rematou cun terceiro tempo no que destacou a empanada e a correspondente entrega de trofeos para os gañadores das distintas probas.n