JOSÉ CARLOS ILLANES Actor vigués en el elenco de Telemundo y Televisa

“Son un actor vigués interpretando a un poli vigués en México”

El vigués Juan Carlos Illanes.
photo_camera El vigués Juan Carlos Illanes.

 Juan Carlos Illanes (Vigo, 1981) hai case tres anos que cambiou o seu barrio de Coia por localizacións internacionais, primeiro Colombia e despois México. Actor, músico, escritor, logrou facerse oco nas superproduccións de Netflix e aparece no elenco das segundas tempadas das series “Enemigo íntimo” e “Dragón”.

Cando decide salta-lo charco?
Apetecíame cambiar de aires na procura doutras oportunidades de traballo. Levaba nove anos indo e vindo de Madrid a Galicia, cando unha compañeira, Paloma Pedrero, falou da súa experiencia en Colombia e propúxome ir. 
E como vai a experiencia?
Xa levo case tres anos en México. Chamáronme axiña, empecei a traballar na serie de Luis Miguel. Amais das oportunidades laborais, interésame coñecer outras formas de pensar. Aínda que non sempre se está no mellor momento, en xeral estou moi contento.
En México tamén houbo confinamento polo coronavirus. Como se pasa tan lonxe de casa?
O certo é que non me colleu nun mal momento. O ano pasado traballei moito e puiden asumir un confinamento. Fixen unha webserie coas miñas compañeiras de piso que tamén son actrices, aproveitei para ensaiar o acento e ata escribín un relato. Bótase de menos á familia, pero non parei.
Na serie de Telemundo “Enemigo íntimo” interpreta a Cruz, un policía vigués. Foi intencionado?
Faime moita ilusión, pero ao facer o cásting no texto non especificaba nada. Só cando mo deron, vin no guión que aludía a lugares como Gran Vía ou O Berbés, entón dixeron que o papel era dun vigués, pensei que xa tiña feito a metade do personaxe. Foi moi emocionante, pero un pouco tolemia tamén: Un actor vigués interpretando a un poli vigués en México con localizaciones que pasan por viguesas. E parece Vigo, a producción é moi boa. Eu fixen a miña aportación ao guión e incluín palabras como “gicho”, “papahostia” ou “carallo”.
Entón non estivo en Vigo o verán pasado cando rodaron aquí?
Non, só foron os protagonistas, Fernanda del Castillo, Aitor Luna. Nós estabamos agardando en México.
En cantos episodios aparece?
Chamáronme para seis, firmei por dez e ao final saío en 17.
Amais de nesta serie traballou nunha producción de Televisa tamén para Netflix, “Dragón”.
Fago dun xornalista gay que namora do protagonista interpretado por Sebastian Rulli. O que é ser novo nun sitio! Tiña que rodar unha secuencias con el, pero non o coñecín. Presenteime tan normal, nen me decatei de quen era ata que viñeron a o recoller nun cochazo con escolta. Ten moita sona en México, é como se aquí alguén non coñece a Bardem.
Como é o xeito de traballar no cinema mexicano?
É un centro neurálxico de actividade, unha cidade inmensa, onde hai xente de tódalas nacionalidades, está entre Sudamérica e EEUU e Canadá. Hai moi boas produccións e plataformas como Netflix contríbuen a súa internacionalización.
Ten data de retorno?
Teño permiso de traballo para un ano e medio. Logo non sei. Cheguei sen nada e atopei oportunidades. O traballo dirá.n 

Te puede interesar