SARA TRABA Directora viguesa, gañadora no Festival Ibérico

“Esta curta Comezou sendo un exercicio de guión da escola; e foi premiada en Islandia”

a. BAENA.  VIGO
abaena@atlantico.net
photo_camera SARA TRABA Directora viguesa, gañadora no Festival Ibérico

 Sara Traba, directora viguesa, con 28 anos, ven de aumentar o palmarés coa súa ópera prima “As vacas de Wisconsin”, unha cortometraxe premiada no Festival Ibérico de Badajoz como a Mellor Curto e a Mellor Dirección, tal e como expricou Traba para os lectores de Atlántico.
Formaba parte a súa cinta da quiniela gañadora ou foi toda unha sorpresa?
A verdade é que non o esperabamos para nada. Fomos pasalo ben, ademais nos trataron xenial. Non podo pedir máis.
Con toda a súa idiosincrasia galega logrou cautivar ao público extremeño. Non hai fronteiras para o cine?
Reflicte moito o espazo galego, pero é un drama surrealista, unha historia moi universal, como un conto. Aínda que está rodada en galego, hai pouco diálogo polo que resulta moi accesible.
“As vacas de Wisconsin” é o seu primeiro traballo e xa ten logrado varios recoñecementos. É un  bo xeito de aterrar na industria cinematográfica?
Comezou como un exercicio de guión na escola de cine (Bande á Part), polo que foi realizada coa súa productora, El Dedo en el Ojo. A estrea foi en Sitges en outubro do ano pasado e xa foi galardonada en festivais como os de Avilés e Islandia. Ademáis ten percorrido moitos países. 
A curta xa se emitíu en Primavera de Cine, en Vigo, festival que a levou a semana pasada a Portugal. Que traxectoria lle queda?
Continúa no circuito. Eu empezarei novos proxectos, pero do meu primeiro traballo xa non podo pedir máis.
Que pode adiantar dese novo traballo?
Teño que buscar unha productora que estea interesada en financialo. Tamén está escrito en galego e localizado na miña zona, no Rosal, porque ao final o que gusta é sacar os sitios que se coñece. En “As vacas de Wisconsin” colaboraron os veciños do pobo, facilitándonos todo.

Te puede interesar