O PSOE aposta polo futuro empresarial da Cañiza

David Regades apoiou a candidatura á reelección de Luís Piña na Cañiza.
photo_camera David Regades apoiou a candidatura á reelección de Luís Piña na Cañiza.
Visibilizouse a boa sintonía que existe entre o secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca de Vigo e candidato á reelección
O secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, estivo na Cañiza con Luís Piña, alcalde e candidato á reelección, e o seu equipo nunha xornada que reflicte a gran sintonía que existe entre ambos á hora de realizar proxectos conxuntos como o do parque empresarial, “vital para o futuro deste municipio” comentaban ambos. O delegado non perdeu a ocasión de visitar os terreos onde se asentará o futuro parque empresarial xunto co co alcalde, cun total de 846 mil metros cadrados que darán resposta a gran demanda de solo industrial existente nesta provincia, un proxecto se fixo realidade cando saíu no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 13 de abril deste mesmo ano. Luís Piña reivindicou o cambio que vai supoñer para un concello como A Cañiza a construción deste parque empresarial pois “é unha oportunidade única de xerar riqueza e fixar poboación, algo que non sería posible sin esta ferramenta do Goberno de España que é a Zona Franca de Vigo”.

Te puede interesar