Condado/Louriña

Mos xa propón actividades arredor de la Vuelta Ciclista a España

Condado/Louriña

condado/louriña

Mos xa propón actividades arredor de la Vuelta Ciclista a España

Segunda reunión de la Mesa de la Vuelta, en Cela.
photo_cameraSegunda reunión de la Mesa de la Vuelta, en Cela.
A Asociación de Veciños Celado de Cela, acolleu a segunda sesión da 'Mesa de La Vuelta', tras a primeira celebrada na Casa do Concello de Mos no mes de xaneiro. 
Nesta segunda xuntanza da Mesa decidiuse que o vindeiro venres, 28 de febreiro, realizarase a presentación oficial .no IES de Mos-, do 'maillot institucional' do Concello, conmemorativo de La Vuelta Ciclista a España. 
Un 'maillot' que vai utilizar durante este ano 2020 como agasallo institucional da administración local mosense e poderá ser mercado tamén por particulares interesados a partir do vindeiro mes de marzo. E tamén se tratou sobre a IV Carreira Ciclista 'Challenge Máster e Junior' que transcorrerá por Mos, O Porriño e Redondela os días: 29 de febreiro e 1 de marzo con saída de Mos o sábado 29. E se deu conta da programación municipal conmemorativa do Día Internacional da Muller que se vai dedicar a unha grande deportista "ainda por desvelar".
      Nesta segunda xuntanza da Mesa, participaron 20 persoas:  a propia alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, coas concelleiras de Cultura, Sara Cebreiro, e de Deportes, Begoña Toucedo así como representantes dos clubs ciclistas Corredoira e Master Louriña, das asociacións veciñais, deportivas e culturais do municipio, da Escola de Música Municipal e dos grupos de músicalocais; un educador e unha usuaria de EVD Galicia en representación dos colectivos con discapacidade, representación de AEMOS, das ANPAS; tres integrantes da empresa Publigal, membros da Asociación de Palilleiras de Mos, da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña e da Comunidade de Montes de Mos.

Más en Condado/Louriña
Comentarios