respecto

Pide o rei. O noso rei. O rei de todos os españois. Respecto. Posiblemente e a palabra que máis adoita abrollar da boca dos por ela interesados. Os que están ben colocados. Os mesmos de sempre. Os que a ela se agarran para que nada cambie. Non vaia ser o demo.


Respecto. Din. Con orgullo. E satisfacción. Respecto. Polas regras democráticas. Respecto. Pola lei establecida. Respecto. Polos acordos acordados por todos. Respecto. Que saído da nosa razón semella non significar o mesmo que o saído deles. Respecto. Piden. Dende a mellor butaca do mellor palacio. Respecto. A que? E a quen?

Te puede interesar
Más en Cartas al director