incendio do santuario nosa señora da barca

Cando se soubo que o santuario da nosa señora da barca ardera, todo foron mostras de mágoa na miña contorna social. Malia seren eles mormente anticlericais, un sincero loito traduciu os salaios dos meus coñecidos en verbas de pesar, presumo polo que atingue ao patrimonio e por ser esta cicatriz, enclave vulnerable.

Pero non podemos esquecer que a postal é somentes nosa no corazón, pois ten dono e chámase Igrexa Católica. Se a iso sumámola crise e maila exención do IBI dos predios a ela pertencentes , asumilo custo de reconstrucción paréceme mal como contribuínte e cidadán. Penso que non debemos subvencionar a quen goza de privilexios fiscais i en troques ofrece caridade; millor sería que pagaran impostos coma todos. Xustamente iso é o que di o Concordato coa Santa Sé: exencións fiscais para bens e actividades eclesiáticas, subvencións para a construcción de novos edificios e mantenemento do patrimonio. Así foi asinado no 1953. E así segue a ser aínda que Nuñez Feijoo queira vender o compromiso de financiación como un acto de xenerosidade cun símbolo de Galicia. A isto súmase o socialista Leiceaga. Alá eles coas estratexias electorais.

Non especifican eses acordos inconstitucionais co Vaticano (denunciados polos máis progresistas deles) como actuar en caso de incendio, pero visto o sucedido coa relixión nas escolas, a lei do aborto i en xeral a política señardosa do nacionalcatolicismo, o templo ha estar preparado axiña. Cando o roubo do Códice na catedral non só levaron unha xoia bibliográfica, tamén os deixaron en evidencia.

Te puede interesar
Más en Cartas al director