demagogos, non

A afirmación de que: 'O que é España correspóndelle a todos os españois' (M. Rajoy) e a idea de que o Goberno foi elixido para gobernar a todos os españois, incluídos os cataláns, é parte da estratexia do PP no relacionado coa soberanía.
Dende o meu punto de vista, se este Goberno foi elixido para gobernar a todos os españois, como é que aprobaron leis e medidas que fan que un 75% dos españois consideren que os políticos non lles representan, e o que é mais indignante é que perdemos nos servizos sanitarios, educativos, e estamos a punto de perder no das liberdades.

A realidade española é que perdemos nove puntos na renda en relación á media europea, e o nivel do índice de benestar está aínda mais lonxe, situándonos, nun e outro, no pelotón de cola.

Se tan preocupados están das enquisas soberanistas, que parece ser corresponden a todos os españois, como é que non lles preocupan as que demostran indefectiblemente que os españois non están de acordo coas medidas que están a tomar dende o goberno que, segundo eles, corresponde a todos os españois.

¿É que non poñen atención ás enquisas que reflicten o malestar da xeneralidade e ao que se di en todas e cada unha das manifestacións cidadás?

O gráve é que non só non prestan atención, senón que ademais toman decisións que afectan a todos co apoio do seu grupo de goberno que aínda que representa a maioría absoluta parlamentaria, é evidente que non representa os intereses da maioría dos cidadáns de España.

Está claro que 'os españois' temos que loitar contra estes demagogos que están a acrecentar as desigualdades e facelo a través dos poucos instrumentos que temos para darlle un xiro á actual situación na que os nosos intereses e valores non están representados.

PD.: Adiós, adeus, adèu, agur a los demagogos. (La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección. Art. 3 de la Constitución).

Te puede interesar
Más en Cartas al director