un berro pola cultura no porriño

Vexo como están derrumbando o edificio de interese cultural do ano 1824 situado enfronte da igrexa, rúa Ramón González.
Segundo estou enterada irá a parar o depósito de pedras antigas, logo, ó tempo -presuntamente- pasen a formar fachadas ben pagadas noutras propiedades?

O descalabro cultural que se fixo e fai, é aberrante: 'Pazo Ramiráns', edificio a ªJerezanaª, o chorado edificio escola de artes e oficios 'Fernández Areal', edificio 'Villasuso', centro 77.

Facendo alusión a Revista malladoura, maio 2001, polas poucas palabras que teño que poler, escribían: 'sabía vostede que... 28 de marzo (1915) a corporación municipal, acorda facer fillo adoptivo do Porriño ó filántropo D. Ramón González'.

Rúa Ramón González, hoxe... 'Que o eminente derrumbamento dunha das casas de máis atractivo arquitectónico da nosa vila, na que viviu o filántropo porriñés D. Enrique Rodríguez'.

Iso foron os 'malos' alcaldes, caciques aproveitados, que deixaron morrer a nosa historia. Pero tamén é certo que parece que veñen outros que pechan os ollos, tapando regatos para facer aparcamentos de coches, presuntamente, e desfacendo, presuntamente, a devandita casa de valor cultural no noso pobo.

UN POBO TEN QUE MEDRAR, NON DESTA MANEIRA.

Te puede interesar
Más en Cartas al director