O PSOE quere “realidades” en Tomiño

Violeta de Santiago, con Gonzalo Caballero, David Regades, Duartes Fernandes y Renato Domingues.
photo_camera Violeta de Santiago, con Gonzalo Caballero, David Regades, Duartes Fernandes y Renato Domingues.
A candidata prometeu traballar por “un Tomiño das realidades, superando o Tomiño das promesas”

O Centro Cultural de Figueiró acolleu onte un acto para respaldar a candidatura de Violeta de Santiago á Alcaldía de Tomiño. Afirmou que o actual Goberno municipal é “incapaz, está esgotado, é arrogante e padece unha total falta de ideas, que se plasma en obras sen sentido e alleas ás demandas que fai a veciñanza”. 

A candidata contou co apoio do secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades e tamén coa presencia de Duartes Fernandes e de Renato Domingues, secretarios do Partido Socialista de Vilanova de Cerveira e de Viana do Castelo. A candidata socialista quixo destacar a loita do Partido Socialista de Tomiño, que dende a oposición estes últimos catro anos, foi capaz de poñerse á fronte para resolver os problemas da xente porque “a uns gústalle levar os méritos e saír nas fotos; outras estamos contentas con traballar para a nosa veciñanza, que non é tonta e sabe quen está ao seu carón”.

O secretario xeral provincial, David Regades, reivindicou as políticas sociais con selo socialista que se aproban dende o Goberno do Estado e que repercuten na mellora da calidade de vida das veciñas e veciños de Tomiño, “para que sexa un lugar mellor para vivir”.

Te puede interesar