Opinión

PROFESIÓN CON VOCACIÓN

Falaba na páxina do mércores da importancia que moitos de nós lle damos a una bata branca ou a un sorriso oportuno, e foron un par de amigos os que me chamaron, un desde Ourense e outra desde Vigo, para pedirme que lle dedicase algunas liñas máis a todas esas persoas que fan da súa profesión una vocación, centrándome sobre todo naquelas que teñen que lidiar cada día coa cara menos amable da vida, atendendo persoas que non se valen por sí mesmas ou as que teñen que pasar un tempiño entre goteiros e quirófanos; é dicir, todo o mundo en maior ou menor medida en algún momento da súa vida.


E fágoo encantando porque se hai algo que agradezo realmente é ese altruismo profesional que ningún soldo por bó que sexa, que nunca o é, paga merecidamente. Haberá quen pensé que un médico está para sanar ós seus pacientes, que un traballador de xeriátrico está para atender ós máis vellos e que un profesor está para ensinar matemáticas ou ingles, e que a calquera deles o único que se lle pode esixir é que cumpra co seu traballo. Efectivamente, eses son os seus cometidos, o mesmo que o dunha azafata é indicar como se coloca o chaleco salvavidas ou traerche un refresco; pero coincidirán conmigo que calquera destas cousas feitas con cariño ten un auténtico plus engadido; porque se a azafata é quen de intuir o teu pánico a voar e che sorrí cando ti pensas que as turbulencias van empotrar o avión no Parador de Sanabria, ou cando estando convencido de que un ganglio flotante é calquera cousa menos algo bó e o médico che tira das orellas para curar a túa hipocondría, ou cando para comer a sopa aparece alguén a quen non lle tremen as mans e te trata co mesmo cariño que o faría a túa nai; algo importante está sucedendo, nada máis nin nada menos que un ser humano está tomando conciencia de que esta vida tan complicada pode ter momentos maravillosos con pequenos xestos, que ó final non custan e son os que realmente pagan a pena.


Sempre haberá quen trate de tirar todo por terra, ben sexa emporcallando o impecable traballo dos seus compañeiros ou ben sexa non entendendo que un mal momento teno calquera e que hai situacións na vida que desbordan o mesmiño santo Job; pero centrándome no tema sanitario que é o que hoxe me ocupa, quero de novo dicir en nome dos que me piden que faga de altavoz, que estamos orgullosos do seu traballo, que lle agradecemos o seu esforzó e o seu talante, e mesmo que nos entendan cando pensamos que morremos por un mal frío que collemos por durmir cos pés fora; e que saiban que diante deses minoritarios energúmenos que ameazan e mesmo agreden ó persoal dos ambulatorios, estamos a maioría dos cidadáns que entendemos que non sempre se poden cumprir os horarios nin satisfacer ó cen por cen as nosas esixencias. Isto non significa que non sigamos loitando por diminuir as listas de espera ou o mantemento dun sistema saniario público de calidade e igualiatario; pero que teñan claro que confiamos neles e seguiremos agradecendo que ó lado do antibiótico ou da anestesia estea na medida do posible ese sorriso tranquilizador que en ocasións sana tanto ou máis que a mellor das medicinas.


E todo isto tamén llo quero dedicar a todos ós meus antigos compañeiros do ensino que teñen que loitar cada dia, non necesariamente cos alumnos, que algo tamen, senón con moitos pais que aínda non acaban de entender que onde se educa fundamentalmente é na casa, e que ás titorías non hai que ir soamente, e en pé de guerra, cando o neno suspenda oito.


Te puede interesar