Opinión

Predicar co exemplo

Observo con preocupación como en moitas das tertulias televisivas que poboan as cadenas xurdidas coa aparición da TDT, o nivel de crispación e subida de tono está chegando a límites fora do razonable. Xa dixen nalgunha ocasión que os insultos a representantes políticos lexítimamente elexidos polo pobo soberano non poden quedar impunes, sexa a unha conselleira do governo catalán ou sexa ó xefe da oposición, que para todos ten habido. Pero á marxe de cuestións que rozan a ilegalidade e que deberían ter rápida resposta por un poder xudicial que cada día ten máis desconcertados ós cidadáns, está a cordura, a mesura e as boas maneiras, e nese terreo parece como se nesta selva mediática todo estivera permitido, desde a cerbatana con dardo envelenado ata a ametralladora das mil palabras.

Pertenzo a aquela xeración de xóvenes universitarios que estreaban democracia e disfrutaban da oratoria de altura dos entusiastas Suárez, González, Carrillo, Fraga, Pujol ou Tierno no Palacio da Carrera de San Jerónimo, evidentemente ó longo dos tempos estiven máis dacordo con uns que con outros, e mesmo cheguei a aplaudir a quen antes ignoraba; pero a todos eles, e a outros moitos que virían despois, lles outorgo, cos seus máis acertos que erros, o xusto recoñecemento de ter contribuído decisivamente á construcción dun Estado do que sentirnos orgullosos.

E houbo momentos ben complicados nos que houbo que pactar e ceder, con golpe de estado de por medio, cun paro e unha suba de prezos que asfixiaban, ¿sóalles a algo?, e cun terrorismo de balas e de tinta que non daba tregua; pero por riba de todo había un clamor popular que pedía a unidade dos demócratas para sair cara adiante e afrontar o futuro con ilusión por moi incerto que se albiscase. Esa é a lección que nos deixaron aqueles anos trepidantes e convulsivos, nos que a pesar dos pesares e das moitas diferencias queriamos ganarlle a partida ó involucionismo, o cainismo e ós salvadores de patrias. E para moitos esa lección segue moi presente ó longo dos anos, recobrando vixencia cada vez que as cousas se torcen e a economía ou os bárbaros tratan de poñernos contra as cordas e noquearnos; pero hai iluminados que esquecen a historia ás primeiras de cambio e, deixando sair o pior daquela España fraticida, queren pasar a coitelo a todo aquel que non vaia coas súa ideas, utilizando a terxiversación, a difamación e o insulto como armas de destrucción masiva. Flaco favor se lle fai así a un País que precisa máis ca nunca consenso e cabeza fría, tanto nos que governan como nos que nos van governar, para poder sair do pozo no que andamos metidos, e no que á hora de buscar culpables habería que facer un exercicio de introspección para atopar en nós mesmos a orixe dalgún dos males que estamos padecendo; porque se ben é certo que no tema económico hai moito tempo que as cousas non se fixeron demasiado ben por parte de quen tiña que facelas e dar exemplo, non é menos certo que na bonanza parecía que o único que nos preocupaba ós españolitos de a pé era ver como podiamos sacarlle rendemento ó ladrillo e de paso despistar no posible á facenda pública. ¿Ou é que aquí todo o mundo comprou e vendeu legalmente, pagando todos os impostos que lle correspondían e xogando limpamente coa declaración da renda? Neste País da picaresca e da hipocrisía poucos están autorizados moralmente a dar leccións de honestidade, incluídos moitos dos tertulianos que cada noite nos sitúan ás portas da apocalipse final.

Te puede interesar