DÍA DE ROSALÍA

A Universidade celebrou a actualidade da poetisa

Elaborouse un graffiti con versos e palabras da poetisa.
photo_camera Elaborouse un graffiti con versos e palabras da poetisa.

A Casa da Cultura Galega e a facultade de Filoloxía acolleron lecturas da obra de Rosalía para lembrar o seu legado

Os versos de Rosalía escoitáronse onte na cidade coma homenaxe á poetisa no día en que se conmemoran 177 anos do seu nacemento. A Asociación de Escritores en Lingua Galega organizaron unha lectura plurilingüe dos seus poemas na facultade de Filoloxía. A encargada de abrir o acto foi a escritora e profesora, Rexina Vega, quen fixo lectura ao manifesto, reclamando que a súa memoria “viva os trescentos sesenta e cinco días do ano para que os seus versos nos invadan e fender con eles o silencio administrativo do poderosos. Para Vega, esta non debe ser unha homenaxe triste, “ela debe ser outra cousa, unha forza rabuda que move os marcos da literatura, alguén que se vivise no século XXI, seguiría a denunciar todos aqueles, que baixo a máscara de honradez, prentenden converter a lei en atadura, o corpo en cárcere, a liberdade en servidumbre”.
Profesores e alumnos sumáronse a esta invitación, incluidos os Erasmus que leron as versións traducidas do proxecto “Rosalía é mundial”. A xornalista Silvia Pena contribuíu a homenaxe con “Unha vez tiven un cravo”: “Reciteino con moita vergoña no colexio cando tiña dez anos”, lembrou. O programa “Graffiti Rosalía” completou as actividades preparadas para a lembranza da escritora de Padrón. Cada participante na lectura, graffitou algunha palabra ou verso da autoría da poetisa  nun papel colocado no corredor da facultade: “Trátase de crear unha masa crítica, músculo colectivo arredor da mensaxe de Rosalía”.
Pola tarde o centro de actividade desplazouse ao centro da cidade. Na Casa Galega da Cultura, na Praza da Princesa organizouse unha nova lectura pública dos seus versos aberta a toda a cidadanía.n

Te puede interesar