vigo

Seis mulleres entran na escudería univesitaria

A escudería da Universidade de Vigo xa renovou a súa composición.
photo_camera A escudería da Universidade de Vigo xa renovou a súa composición.

 39 estudantes, entre eles 6 alumnas e 33 alumnos, procedentes da escolas de Enxeñería Industrial, Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría de Minas e Enerxía, así como das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e, por primeira vez, de Belas Artes, integran o equipo que se encargará do deseño e construción do UM19, o vehículo que competirá en dúas probas da Formula Student, unha nacional e outra internacional en Alemaña, Austria ou Hungría. O equipo xa ten esbozados os obxectivos desta tempada, que “pasan pola optimización dos sistemas que non renderon o ano pasado, por outorgarlle unha maior fiabilidade ao vehículo, así como lograr unha redución do peso, ademais de incorporar un sistema de telemetrías e corrixir fallos menores”, explica Alfonso Castro, membro do Departamento de Márketing e Comunicación. Cos obxectivos fixados, o alumnado xa está a facer os primeiros bosquexos para escoller o deseño; entre outras tareas. 

Te puede interesar