vigo

Afonso Becerra: “O teatro en Vigo é unha oferta de fin de semana”

O debate do Ateneo Atlántico tivo lugar na biblioteca da E-Mao.
photo_camera O debate do Ateneo Atlántico tivo lugar na biblioteca da E-Mao.

A situación das artes escénicas en Vigo abordaron a segunda sesión do Estado da Cuestión, promovido dende o Ateneo Atlántico.

Afonso Becerra, dramaturgo e director de escea, coordinou o debate, partindo dunha base moi clara: “Na miña opinión, o principal problema destes espectáculos é que non existe unha cartelera diaria que se poida consumir; o teatro en Vigo é unha oferta de fin de semana”.
Asemade, Becerra foi máis aló e asegurou que se trata dunha “actividade excepcional incluso como política empresarial”, xa que as compañías nacionais e internacionais só ofrecen unha función, no lugar de permanecer toda a semana en cartel. Reflexiona  que “se o día da actuación non se pode ir por calquera motivo, pérdese a oportunidade de disfrutar da obra”. Antes de escoitar as intervencións dos participantes no debate, puntualizou que “a maior cidade de Galicia precisa unha oferta en artes escénicas máis ambiciosa”.
Co tema enriba da mesa, os ponentes tiveron cinco minutos para expor o seu diagnóstico. Pasaron pola platea oito participantes das distintas partes implicadas: Marité Cores, polo Teatro García Barbón; Raquel Hernández e Pedro Fresneda, polo Teatro Ensalle; Marcos Alonso, pola Sala Ártika; un representante do auditorio municipal; Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez, por  un dos colectivos que levan moitos anos traballando na danza e no teatro: A Artística; Santi Montenegro, por Artello Teatro; Julio Fer por Anómico Teatro; e Manuel F. Vieites, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.
Cunhas intervencións dinámicas, desenvolveuse un debate, que se colgará no blog do Ateneo Atlántico coa finalidade de que saían ideas e medidas que poidan mellorar esta situación das artes escénicas.n

Te puede interesar