Dous grandes actores de Hollywood 'promocionan' o galego

Viggo Mortensen e Mads Mikkelsen.
photo_camera Viggo Mortensen e Mads Mikkelsen.
Viggo Mortensen recitou os seus poemas na Coruña e Mads Mikkelsen soprou as velas do seu aniversario nunha torta na que se lía "Parabéns"

O galego non vive o seu mellor momento, pero de aí a dicir que con el non se vai a ningures ou soamente se fala nos pobos do rural e pola xente maior... que llo digan a Viggo Mortensen ou a Mads Mikkelsen. Dúas personas que aparentemente non teñen nada que ver con Galicia nin co seu idioma e que foron protagonistas esta semana por facer uso del.

Disque o galego está en desuso, pero todo un actor de Hollywood, afincado en Madrid, iso sí, Viggo Mortensen, acudiu ó Ciclo Poetas Di(n)versos na Coruña para expoñer en alto as algunhas das súas creacións en galego. O protagonista de películas como 'El señor de los anillos' sorprendeu aos máis de cincocentos asistentes que agotaron as entradas en minutos cando se enteraron da súa presencia.

Mortensen leu unha das súas pezas en galego gracias a tradución de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023. O rematar fixo un xesto de humildade coa man como dicindo que lle saíra "máis ou menos", pero a verdade é que non estivo nada mal.

Pese a ser coñecido pola súa faceta de actor e participar en grandes filmes producidos dende Estados Unidos, onde naceu, mais foi criado na Argentina, Mortensen ten publicados media ducia de poemarios.

 

O 'galego' de Mads Mikkelsen

O actor Mads Mikkelsen coa súa tarta de aniversario. // X (@Roybattyforever)
O actor Mads Mikkelsen coa súa tarta de aniversario. // X (@Roybattyforever)

Ben cerca de onde estaba Viggo Mortenssen, atopábase o seu compañeiro de profesión Mads Mikkelsen, un dos daneses máis famosos tras protagonizar películas como 'Otra ronda', 'Caza' ou a última da saga de Indiana Jones.

O actor danés, mellor actor no Festival de Cannes, celebrou o 22 de novembro o seu 58 aniversario cun pastel de chocolate no que se podía ler: "Parabéns, Mads".

Perfectamente podía ser en galego, aínda que realmente é portugués, xa que Mads Mikkelsen atópase uns días hospedado en Portugal. Pero indirectamente tamén o é. O bonito de compartir lingua.

Te puede interesar