galicia

O conductor dun accidente mortal en Meis deu positivo en droga

O condutor do coche implicado no accidente de Meis no que morreu un motorista foi detido tras dar positivo no control sobre drogas.

Segundo confirmaron fontes da Garda Civil, o condutor, nacido no ano 1968 e cuxa identidade se corresponde con J.C.O.B., foi detido onte despois do sinistro, acontecido no municipio pontevedrés de Meis.
Os equipos de emerxencia que participaron explicaron que o sinistro tivo lugar sobre as 23,00 horas do sábado cando colisionar a moto e o vehículo, que se atopaba na entrada dunha vivenda, na estrada que une Vilagarcía con Pontevedra. Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos de Protección Civil, os Bombeiros de Vilagarcía e Urxencias Médicas-061, que confirmaron o falecemento do motorista. A persoa que viaxaba de acompañante no coche tamén foi trasladada a un centro sanitario. 

Te puede interesar