Opinión

VIVA A ONOMÁSTICA

Teño un amice curioso e amante de Vigo e da súa historia.


Pero téñoo por algo perigoso ?sendo boísima persoa-, porque quere buscar feitos e


cousas desas que non se estudaron absolutamente e el quere facelo así e non sabe na aventura en que se mete.


Pero dende logo vai ser feliz cada aventura que amplíe e por cada novidade que entregue ao museo correspondente. Explícolle primeiramente que debe facerse cunha lista que lle será longa, pero está disposto a buscar, apuntar as cousas raras e


extrañas que xa é unha grande división de nomes de ersonaxes en rúas humildes, etc.


Dime que vai a revisar o máis doado: as prazas de hoxe, e as rúas; as nomeadas por lembrar a grandes homes; aos grandes feitos da cidade, e das vilas, de pobos, de nacións, de rexións; de feitos importantes de lugares?


-Para ?díxenlle-, tes que facer unha grande enciclopedia e outras coleccións máis cativas que logo tes que dirixir segundo a importancia. E non esquezas as cousas sinxelas pero que teñen o seu valor pola feitura e ledicia, que manteñen pola convocatoria e?.


Agora paroume el e sinalando toda a Alameda da beira do mar díxome:


-Esta beleza teño que apuntala ben, porque ten moitas posturas: a arquitectónica,?


-Certo. MIira? vouche dar unha selección que teño aquí entre papeis e que ti podes usar porque teñen moitas maneiras de ser tomadas. Escoita este exemplo:


Areal, Areosa, Bouza, Balado, Barranca, Barxa, Barroca, Caeira, Cacharela, Castro,


Castrelos, Canadelos, Couto, Coia, Candieiro, Castreliño, Cruceiro, acharela


Canceleiro, Devesa, Eira, Eiravella, Estomada, Estreito, Facho, Ferreiras, Ferreiria.


Figuerirdo, Fragoso, Fragoselo, Fontaíña, Fontenla....


-Ben: mañá seguimos, paréceche? Ti mandas.


Te puede interesar