Opinión

PELOS (MEDICINAS) Á MAR

Dende que encetou setembro/ os enfermos que non paran/, é dicir eses que seguen/ vindo a miúdo ás farmacias/ para levar específicos/ os cales non curan nada,/ por suposto, mais que teñen/ a virtude da esperanza/ porque se toman soñando/ que calquera día sanan/ por máis que os médicos saben/ que mediciña é miudalla:/ estas as a que me refiro/ nin serven para ensalada.


Ou sexa, que mellor fose/ tomar un vaso de auga/ que ao menos é inofensiva, para as doencias que tratan.


Pois a doctora ministra/ de Sanidade, Ana Mato,/ ordenou que aqueles todos/ que ían charlar un rato/ e levar a mediciña/, paguen un precio barato.


E hay xente á que lle parece/ razonable esta medida,/ porque o precio e moi cativo/ e mesmo estas mediciñas/ -se non se toman- quen sabe/ se non terán melloría.


Hai que pensar que eses fármacos,/ sinxelos, moitas doencias/ ao deixar de facer uso/ transfórmanse en milagreiras. /


Son en total catrocentas/ dezasete mediciñas,/ e o aforro que supón/ e máis ca una tontería./ Uns catrocentos cincoenta/ millóns, non parecen moito./ Pero as débedas se pagan/, neste caso, pouco a pouco.


Son só doencias menores:/ as irritacións da pel/, diarrea, estreñimento, / tos e tamén acidez.


Algúns productos posúen/ moita fama popular/ como Fostum ou Plantago,/ Fortazsec ou Emportal,/ Calmatel e Mucosán,/ e Pectox e Rinomax/... En fin,


cousas curativas:/ tamén facía milagres/ tendo unha fe moi profunda/ un colmillo de elefante.


(En fin, como non quero dar lugar/ a que o lector pense mal observen a seguinte paradoxo (chiste?): 'Danse conta que a Ministra apelídase Mato?' A ministra de Sanidade, dixen, digo.


Te puede interesar