Opinión

Cómo se chamaba Carolo?

Foi o heroi principal no ataque a porta da Gamboa o 28 de marzo de 1809 pero hai máis lenda e misterio sobre este personaxe que historia. Sábese que intentou rachar a porta e foi morto polos disparos franceses, que tamén feriron gravemente ao militar Bernardo González del Valle, alias Cachamuiña, a aldea onde naceu. A Carolo uns historiadores fano mariñeiro e outros ancián, aínda que poderla ser as dúas cousas e daquela moi ancián -con poucas excepcións- era un home de cincoenta anos. Este feito cóntano Tenreiro e máis Cachamuiña nos seus informes: morreu cando esnaquizaba a machadazos a Porta da Gamboa. Históricamente non se lie coñece nome: Carolo pode ser un hipocorístico de Carlos. (Un carolo vén sendo un anaco de pan duro coa codea. Ao mellor referíase á dureza do mariñeiro ou quizáis ao seu valor pois carolo tamén e un paxaro marino moi audaz. O escritor Pérez Carvajal chámao José Fernández e D. Avelino Rodríguez Elias, que foi cronista da cidade de Vigo, apelídao Martínez Obelleiro, pero ningún dos dous documenta estas aseveracións.

Carolo está en pedra, co torso nú, rachando a porta a machadazos, no monumento da Praza da Independencia. E aproveitamos para desfacer uns equívocos. Haixente que coida que o militar encaramado coa bandeira no plinto pétreo é Cachamuiña. E non: é Pablo Morillo. Os máis inventores opinan que o personaxe coa machada tamén podería ser D. Bernardo que se houbese despoxado da guerreira para máis facilidade de movementos. E Carolo non estaría alí. Pero non. Son sinxelamente lucubracións. No monumento viven para a fama Morillo e Carolo. E a fermosa estatua da Victoria.

Colombo, Francisco, vigués de amor. Militar enviado para auxiliar a Morillo e a 'Cachamuiña', natural de Peñíscola. Tomou parte ñas guerras contra os ingleses e portugueses. Casara en Vigo con dona Ana Cánido e aquí descansaba cando entraron os franceses, que o prenderon pero escapou. Pelexou cunha guerrilla ao seu mando en Galicia por orde do Marqués da Romana, quen o mandou logo para axuda a reconquista de Vigo. Ascendeu a coronel e logo destinárono a diversas zonas españolas en dificultades. Pechou os seus servizos no Reximento de Lobeirano ano 1811. Morreu en Vigo en 1825. (Isto, xunto co casorio, faino vigués de amor.)

Te puede interesar