Opinión

EL BUENO DE DON PATRICIO

Lembran unha canción dunha zarzuela que dicía que hai que ver, a ropa que fai un día levaba a muller, hai qaue ver, etc. e que...?


-Onde vai vostede cunha zarzuela? Pois anda que non fai anos que non se interpretan estas caducas obras, que xa nin a vexestude as escoita...'


-Ten razón -contestou Gorecho-. Pero eu son moi romántico e boto de menos aquelos felices tempos lonxanos...'


-Home, non tanto. Pero a que vén eso das zarzuelas...?


-Vén porque soupen que hai moitos anos o Concello alugaba as illas Cíes para esparcemento de festa especialmente para os veciños escopeteiros. Ou sexa qu podían ir un día ou dous de caza e levar para casa os coellos e outros bichocos faunicosos e apetitosos.


-Facían ben, -respondeu Gorecho. Hai que aproveitar canta riqueza dea a natureza... sen escarafuciar o asunto ou o lugar onde se faga a función. Porque esto xa se facía no ano 1870. O alcalde alugou as Cíes, si señor. E lles vou contar algo interesante. Quen alugou e máis cousas que sei, leínas nun libro... Conto? Vou. Foi Don Patricio de Andrés Moreno quen solicitou as illas.Quería dedicalas ao cultivo. Foi un precursor da concentración parcelaria, dos monocultivos... Que prantaría? Kiwis daquela? O caso é que pedíu ao Concello a concesión e a comisión de Facenda contestoulle máis ou menos con esto.


-A que non llo deron...? Retrógrados...!


-Sentímolo, tíos. Na illa había moitos anos que moraban dezasete veciños, con cincoenta e sete individuos e con familia 'na actualidade', os cales, 'despois de tanto tempo como levan de colonos naqueles estériles rochedos, considéranse con farta xusticia donos e propietarios do pouco terreo que lograran facer produtivo á forza de afáns e traballo arreo'. Ademais na aba das illas, ou sexa, a orela do mar, construíronse fábricas de salga de peixe e teñen gando de algúns propietarios vigueses que pasturan aqueles veciños. Por ista razón é moi difícil ceder ao peticionario, nin parece facelo moi beneficioso, xa que sairán perxudicados os intereses veciñais creados á sombra da liberdade de cultivo que levaron a cabo os infelices colonos'. Así que o Concello, á vista do informe acordou non conceder a don Patricio as illas Cíes. Está mal feito?


E díxo algún dos contertulios:


-Moi ben. A ver se aprenden os novos...


Te puede interesar