Desde a Asociación Galega para a Saúde Sexual queremos facer público o noso compromiso coa diversidade, coa educación sexual, cos dereitos das persoas LGTBQI e co feminismo.
En Agasex levamos traballando na defensa dos dereitos sexuais e dereitos reprodutivos desde o ano 1991 no ámbito autonómico de Galicia e colaborando con todo tipo de organismos públicos, institucións, entidades e asociacións, centros educativos, loitando por unha igualdade real de todas as persoas e respetando o dereito a súa intimidade sen inmiscirnos na súa orientación, nin identidade sexual.
Queremos expresar tamén que todo o concernente á licitación recente sobre o servizo denominado Espazo Diverso é pública e pódese consultar tanto na web do perfil do contratante do Concello da Coruña como a web do Tribunal administrativo de Contratación Pública da Xunta de Galicia, onde se atopa á disposición da cidadanía, a resolución á alegación presentada por esta entidade.
Tamén queremos dicir que seguiremos realizando o noso traballo co alto compromiso ético e técnico que sempre nos esiximos.