Cartas al director

Google como ferramenta no ensino en Galicia

 “Finalmente me parece justo comentarte que no puedo corregir la redacción en gallego, como ya habrás imaginado. Los textos que no entiendo los traduzco en Google y valoraré la redacción según el texto que me dé” (correo dunha profesora da Universidade da Coruña a un alumno que presentara o seu traballo en lingua galega).
Segundo o artigo 5.2 dos Estatutos da Universidade da Coruña (UDC): “A lingua galega propia da UDC é o galego, que será o seu vehículo normal de expresión. Para a súa normalización fomentará o seu uso en todas as suas actividades” (Decreto 194/2007 polo que se modifica o Decreto 101/2004 polo que se aproban os Estatutos da UDC).
Velaí que temos a unha profesora a que non lle importan as directrices que se fixan no ensino na institución académica, onde desenrola a súa laboura docente. Descoñezo o motivo polo que foi contratada se o seu nivel da lingua galega basase en castelanizala, vía traducción en Google. O contido do seu correo amosa un desprezo a nosa lingua. Non ten reparo algún en manifestarlle ao alumno, que xa si “imaxinaba” cal sería a sua postura antes da súa valoración do traballo. Ven dicir que coñecido é o que seu maxisterio é en castelán. A denunza polo estudante destes feitos acontecidos na UDC foron recollidos dabondo nas redes sociais. Moitos profesionais do ensino en Galicia, coma outros empregados públicos nesta Comunidade Autónoma, esforzanse en manexar o uso de galego, aínda que procedan de outras rexións de España. Falan e escriben en galego para un acercamento coa cidadanía. Practícase uso dun diccionario cando nos atopamos diante dun texto escrito nunha lingua allea. Neste caso que relatamos non é da súa aplicación. A docente tiña a obriga de ter un dominio do gallego na institución da que cobra a súa nómina, que vai redactada en galego.
Habendo tido eu que estudar un ensino obrigado en lingua castelán durante o franquismo, véxome moitas veces en consultar no diccionario da Real Academia Galega, na procura de termos, que non deprendera daqueles mestres excepcionais e monolingües, sen estudos, que foron os meus abós e a miña nai. E se o fago é pola memoria deles, e porque gostaríame falar e escribir en galego, que é o xeito de estar cos meus, coa xente miña, coma diría Celso Emilio. Aínda que recoñezo que son máis os erros que os acertos. Para mín é unha opción ceibe. Mais, para unha docente do ensino universitario na UDC é unha obriga. Na cuenta en Twitter da UDC ista pronunciouse sobre o feito acontecido: “Esa resposta é unha manifestación persoal dunha docente, non representa a postura oficial da UDC, que traballa arreo por unha universidade pública, galega e feminista. A UDC está tomando xa medidas para evitar situación de discriminación e desprezo pola nosa língua”. “Se ainda seguimos sendo galegos é pola lingua”, dicía Castelao, que engadía que “na fala galega vive a ialma da nosa terra”. Honremola!