Menor coste e mínima intervención para a recuperación de Beiramar

As ideas para as antigas naves de Pescanova e Pescapuerta.
photo_camera As ideas para as antigas naves de Pescanova e Pescapuerta.
Amais da contaminación que xeran os entullos, a destrución destas construción tamén provocaría a perda dun patrimonio cultural

“Fixemos as propostas máis sinxelas para a recuperación das naves industriais de Beiramar, onde co menor investimento e mínima intervención se lle dea un novo uso a eses edificios”. David Amoedo, aparellador técnico, é o autor dos proxectos que o colectivo Beiramar da Xente presentou este martes para dar unha nova vida ao patrimonio fabril abandoado na franxa litoral. Son debuxos a pé de rúa con ideas factibles, “o noso obxectivo era chegar con propostas concretas”.

Así, segundo a tipoloxía do edificio asígnalles unha función: A Alfageme, un multiusos ou unha piscina ou a UNED en Flex. “A nosa intención é que non pase o mesmo que está a acontecer cos antigos xulgados, xa que para construír un centro de saúde demoleron todo, só deixaron a estrutura”.

Beiramar da Xente dá ideas para os edificios e o barrio que inclúe zona peonil.
Beiramar da Xente dá ideas para os edificios e o barrio que inclúe zona peonil.

Amais da contaminación que xeran os entullos, a destrución destas construción tamén provocaría a perda dun patrimonio cultural. “Naquela época o prestixio da marca estaba ligada á fábrica e os empresarios encargaban os deseños aos mellores arquitectos”, apunta Amoedo.

A iniciativa xurdiu das asociacións de As da Industria e a Curva de San Gregorio que sofren nos seus barrios a decadencia destas edificacións. Uníronse Barxa de Buíde, Defensa do Parque García Picher, Amigas das Arbores, Vigo Baleiro e News Crafts. “Queriamos facer algo, xerar debate social, xa que as alegacións ao PXOM non saíron adiante, sobre todo cos Peris que levan 40 anos sen desenvolverse con zonas onde non hai nin beirarrúas”.  A presentación da web Beiramardaxente foi o primeiro paso dunha serie de accións. A vindeira semana, presentarán a súa proposta par Artística, a seguinte para Alfageme e despois para Frigoríficos de O Berbés. O domingo, 16 de xuño, organizarán un routeiro para dar a coñecer esta riqueza arquitectónica.

Te puede interesar