Festival de cine

Gaviota ciborg, guía dos frikis do cinema

A directiva do Galician Freaky Film Festival, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, mosando o novo cartel.
photo_camera A directiva do Galician Freaky Film Festival, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, mosando o novo cartel.

Galician Freaky Film Festival preséntase cun ave “terminator” na súa oitava edición que terá lugar en setembro

A gaivota de Samil “esa que está pronta para roubar o bocata da man”, converteuse por gracia do ilustrador Paulo Mosca e da deseñadora María Llauger, na protagonista do cartel da vindeira edición, a oitava, do Galician Freaky Film Festival (GFFF). Onte, os responsables do festival acudiron a súa cita anual co Dinoseto, na Alameda, “para amosarlle o noso respeto e recibir a súa bendición este 25 de maio, Día do Orgullo Friki”.

 

 

Ao igual que tódolos anos, a imaxe do festival fai referencia ás película as que rinde homenaxe. Nesta ocasión, trátanse das dúas primeiras entregas de “Terminator”, de James Cameron cando cumpren 40 anos da súa estrea. Proxectaránse en pantalla grande, guiados por esa “gaivota ciborg”, que enlaza o carácter local do festival coa súa conexión internacional, tal e como sinalou Juan de Castro, o director do festival. Recrea unha famosa escena do filme “Terminator 2: O xuízo final” na que o androide autónomo T-100 recibe uns impactos de bala que intentan paralo sen éxito. “Como Sarah Connor, o espectador terá que fuxir deste robot ornitolóxico futurista se quere chegar san e salvo á vindeira edición do certame vigués”, apuntaron os organizadores. O primeiro filme programarase na inauguración, o 20 de setembro; mentres a segunda parte poderase ver na clausura o día 28. 

O GFFF terá lugar durante sete días, nas últimas semanas de setembro, do 20 ao 21 e do 25 ao 28. A sede do festival volverá ser a Praza Elíptica de Vigo. Nos cines Tamberlick terán lugar todas as proxeccións, tanto das amentadas “Terminator”, como das curtametraxes, o Pequefreak e “A Nightmare on Elm Street”, a quen o festival quere facer unha chiscadela por ser tamén o seu 40 aniversario. A Sala Apostrophe será o punto de encontro dos freaks e lugar de celebración das actividades paralelas, que se irán desvelando nos próximos meses. “O obxectivo é repetir o éxito das edicións pasadas, superando os 2.000 asistentes”, afirman.

O festival ten aberto o seu proceso de selección de curtas e tamén o concurso de banda deseñada. As bases atópanse en https://galicianfreakyfestival.com.

Forma parte da marca Rías Baixas Fest, amparada pola Deputación, polo que onte contou coa presenza da súa vicepresidenta, Luisa Sánchez. “Tódolos festivais teñen a súa pegada pero este equipo supérase ano a ano, cunha orixinalidade e un descaro difícil de superar”, afirmou a representante provincial. Deulles os parabéns por esta oitava edición e por "converter á cultura nun eixo vertebrador da cidade”.

Te puede interesar