Trinta anos adicados a cantar na fala de Cunqueiro

PEQUENA BIOGRAFÍA: Nome artístico: Xoán Eiriz. Cantautor de música lixeira e popular.

Xoán no teatro Rosalia de Castro
intentando dignificar e universaliza-la fala galega por medio da linguaxe mais universal, a música
Aló polo ano 1988 naceu o seu primeiro LD 'Sentimentos', comezando un novo estilo tan diferente dos tópicos ó uso empeñados en facer do idioma unha barreira e da creación musical en Galicia un último reducto de folklórica resistencia ó castelán. Para él sempre foi todo máis sinxelo, canta en galego tanto temas propios coma temas populares e universais por vez primeira, en galego versionou grandes temas coma 'My way', 'Granada', 'Feelings', amosando a flexibilidade da lingua galega para cantar calqueira tema).

Coa súa música, que intenta escapar dos modismos, intenta sempre ser fiel ás costumes do noso pobo, aportando o seu 'grao de area' a dignificación do idioma e, en consecuencia, á tan necesaria normalización lingüística do noso benquerido país no que a música xoga un papel preponderante. Por iso naceron sucesivamente os seus traballos discográficos 'Sentimentos', 'A RTVG e os músicos galegos', 'Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, 'Amiga, amada', 'Na miña fala', 'Galicia', 'Eu voute amar', 'Azul', 'Amores ei' e o seu último traballo 'Lelías', cantos dun namorado da súa fala no que canta ás tres almas musicais de Galicia: ó seu riquísimo folklore popular (pandeiradas, foliadas, romances, alalás, ...), as súas grandísimas cancións universais ( Unha noite na eira do trigo, Negra Sombra, ...) e por último a algúns dos poetas máis sobranceiros (Federico García Lorca - seis poemas galegos-, Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza Brey, ...), constituíndo o seu traballo máis autóctono, máis enxebre, no que queda amosado unha vez máis o seu grande amor pola lingua e pola cultura dun pequeno país chamado Galicia.

Asemade vense de editar una 'Fotobiografía sonora de Alvaro Cunqueiro', onde colabora con outros artistas Galegos.

Co gallo de conmemorar os meus máis de trinta anos cantando na fala de Cunqueiro, gravei en directo o meu duodécimo disco “TRINTA ANOS E UNHA CANTIGA DE AMOR” no teatro Rosalía de Castro de A Coruña o pasado mes de decembro, e o estrenei o 19 de maio, no Forum Metropolitano de A Coruña.

VINDEIROS CONCERTOS XÁ CONFIRMADOS:


AUDITORIUM GONDOMAR (PONTEVEDRA )
AUDITORIUM PACO PAZ (OURENSE )
AUDITORIUM GABRIEL FREIRE (LUGO )
AUDITORIUM( PONTEVEDRA)

Te puede interesar