vigo

O Concurso internacional da Camelia de Vigo abre o prazo

Camelia "olívica".
photo_camera Camelia "olívica".

n n n O Concello de Vigo ten aberto ata hoxe día 3 de marzo o prazo de inscrición para participar no concurso-exposición Internacional da Camelia que celebra a súa LIII edición entre o 18 e o 20 de marzo no Auditorio Mar de Vigo. A inscrición pode facerse no Rexistro Xeral do Concello nun impreso que se facilitará para ese fin.
Tal e como recollen as bases, que poden consultarse na web municipal www.hoxe.vigo.org, poderán concorrer todas as persoas maiores de idade, persoas físicas ou xurídicas interesadas na camelia, profesionais ou afeccionados e de calquera nacionalidade. Poderán presentarse flores de calquera especie e variedade de camelia así coma calquera híbrido destas.
Os participantes optan a varios premios: a “Camelia de ouro” para quen presente o conxunto de variedades máis destacado en canto a número e calidade das flores; o “Premio especial Antonio Odriozola” á flor individual máis destacada de todas, que se expoñerán nunha mesa separada; haberá tres premios aos mellores lotes nas modalidades de camelia reticulata e híbridos de camelia e tres premios aos mellores lotes de camelia japonica branca, japonica rosada ou doutras cores, japonica vermella, japonica xaspeada e outras especies; ademais galardoarse con dous premios á mellor presentación artística e haberá un especial que outorga a Sociedade Española da Camelia.
O certame comeza o sábado 18 de marzo e remata o luns día 20, tres xornadas de exhibición na que todas as persoas que o desexen poderán achegarse dende as seis e media da tarde do sábado e ata as nove horas da noite do luns ao Auditorio Mar de Vigo, en Beiramar, para contemplar os exemplares que participan desta edición. n

Te puede interesar
Más en Escaparate