Patinaxe

O Gondomar e o Condado repártense os títulos galegos en patinaxe

As patinadoras realizaron diversas manobras nos sempre espectaculares números de show.
photo_camera As patinadoras realizaron diversas manobras nos sempre espectaculares números de show.

O club do Val Miñor fíxose con tres e o de Salvatera con dous no Autonómico de show

O pavillón de Navia o sábado e Gustavo Rodríguez de Tui onte acolleron o Campionato Galego de patinaxe na modalidada de Show, que contou co CPA Gondomar como principal triunfador, xa que acadou a vitoria nas tres categorías nas que presentou equipo: cuartetos júnior e sénior e grupo júnior. Seguiulle o Condado, con dúas vitorias.

O evento comezou o sábado no pavillón de Navia con tres categorías. Nos grupos pequenos a primeira praza foi para o de Salvaterra, que interpretou “¿Quién me ha tomado el pelo?” (31.77 puntos), mentes que o cuarteto júnior do Gondomar impúxose con “Efecto Secundario” (45.65) e no sénior con “El Escultor” (50.76). 

O domingo, a competición desprazouse a Tui con vitoria para o Gondomar en grupos júnior grazas a “Insólito Destino” (31.62), mentres que nos grupos grandes a primeira praza foi para o Condado coa execución de “Tonya” (30.56).

Te puede interesar