CONDADO/LOURIñA

El poeta Cabanillas vuelve a Mondariz 90 años después

Cartel anunciador do evento.
photo_camera Cartel anunciador do evento.

Para afondar sobre a estreita relación que mantiveron Ramón Cabanillas e o empresario Enrique Peinador Lines, mañá domingo, 30 de novembro, cara ás seis da tarde, Luís Rei, biógrafo de Cabanillas e autor do libro «Ramón Cabanillas, crónica de desterros e saudades » vai dar a coñecer a vida e a obra do poeta arousán, en particular os anos que botou en Mondariz da man do seu amigo e mecenas.

 No acto recitarán poemas do autor tres alumnas do CPI Mondariz, e haberá tamén unha sorpresa musical da man dun grupo de músicos da vila.
    Xa desde o pasado venres se poden ver en tres bares e cafeterías de Mondariz (Milay, Gonixul e O Andén), unha serie de paneis sobre a vida e a obra do poeta Ramón Cabanillas producidos pola Editorial Galaxia. Ún deles, dedicado á estadía do Poeta da Raza na Vila de Mondariz, entre os anos 1924 e 1929. 
     A exposición ten carácter itinerante e nas semanas seguintes irá rotando por outros locais de hostalería de Mondariz e Mondariz Balneario a fin de que chegue ao maior número de persoas posible.
   A Asociación Ecocultural Búrbida, organizadora deste evento,  quere dar as grazas ás empresas e persoas que colaboran desinteresadamente nesta actividade cultural, "xa que o seu compromiso altruísta coa cultura revive e evoca o vínculo que mantiveron Mondariz e os Peinador coa cultura galega entre os anos 1873 e 1936".

Te puede interesar