Cultura

Un feito, moitas verdades

Cultura

vigo

Un feito, moitas verdades

Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo recrean no escenario como se fixo o documental que se proxecta ao tempo na gran pantalla en ‘Curva España’.
photo_cameraMiguel de Lira e Patricia de Lorenzo recrean no escenario como se fixo o documental que se proxecta ao tempo na gran pantalla en ‘Curva España’.
Chévere representou no García Barbón “Curva España” co que aborda a memoria colectiva
nnn Chévere segue na fronteira entre o real e o ficticio, o escénico e o audiovisual, a narrativa e a interpretación. Onte, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, baixo a dirección de Xron, subiron ao escenario do teatro García Barbón con “Curva España”.
Levántouse o telón e os espectadores atoparon dous focos de atención, un sobre as táboas cos dous actores e outro na pantalla de proxección. “Está presente a nosa interese pola linguaxe audiovisual, pero dentro do proceso de documentación en directo; o público pode escoller entre ver unha película ou ver como nós mesmos facemos un documental no territorio”, explica De Lorenzo. Segue así o estilo iniciado en 2009 coa montaxe sobre Amancio Ortega e Inditex, utilizado como excusa para abordar a globalización ou “Eroski Paraíso”, a última obra de Chévere, onde analiza como mudaron os costumes nas últimas décadas a través dun local en Muros que pasou de ser unha sala de festas a un supermercado. “Localizamos unha anécdota e facemos un traballo de investigación, visitando eso lugares e recuperando historias e metémolo todo na máquina procesadora de onde sae a montaxe”. Así, De Lorenzo exprica que no teatro Chévere o importante é contar. “En ‘Curva España’ recuperamos distintas versións sobre unha mesma historia, unha lenda que vai pasando de xeración en xeración, e onde a xente decide o que quere crer, o xeito de como aconteceron as cousas, sérvenos para abordar nesta obra o traballo sobre a Memoria”. 
Os actores non representan un papel concreto: “Non é un espectáculo de personaxes, contamos unha historia que aconteceu hai cen anos, estamos a disposición da narración e interpretamos varios personaxes”.
Hoxe representan a obra en Pontevedra. Despois dunha mini-xira por Galicia, darán o salto alén das fronteira con representaciósn en Eibar e Vitoria, para chegar en marzo a Teatros del Canal de Madrid, onde estarán dez días en cartel. “O espectáculo é en galego, fóra de Galicia manterase a parte gravada con subtítulos, cunha distribución en español, aínda que non se descartan representacións na lingua orixinal”, apunta a actriz, para quen o representación en galego supón un atractivo engadido para os espectadores foráneos. “No caso de ‘Eroski Paraíso” o coherente era respectar a versión orixinal e puideron seguir perfectamente o espectáculo; a lingua nunca vai ser un problema para Chévere”, apuntou.
La montaxe “Curva España” abríu a tempada de teatro de Afundación. Coproducido por Teatro del Canal, MIT de Ribadavia e o Concello de Teo, a obra trata dun crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias: “Funciona como a alegoría da construcción do Estado nación español coma a promesa dun tren que nunca chegou”, apunta a compañía na súa presentación.n.

Comentarios