Tortas, zapatos, sandalias, libros e puños

Dar un tartazo, ou tres, a Exupheria Malpensada, é un delito que se pena con dous anos de cárcere e con multas de 900 euros, mesmo ao que levanta os brazos en sinal de apoio aos que soltaron o tartazo. Por cómplice. Dar un zapatazo no escano en sinal de indignación é motivo de crítica machacona do mesmo xeito que pegar co puño no escano, sacar unha sandalia ou pór os libros nos brazos en cruz.

¿E qué ocorre con cobros indebidos, dietas bancarias, pagos en diferido, sobres, financiamentos, malversación de fondos, traxes da mil eurazos cada un ou Lotarías suertudas? Pois nada, así de sinxelo, nada.

A sociedade española afíxose a alzar a voz contra xestos ou actos “fóra de protocolo” ou de boas maneiras. A sociedade española se rasga as vestiduras e escandalízase por que este ou aquel representante político, xuíz ou fiscal, mostra a súa indignación ou impotencia con actos que non están considerados por outros como actos propios de “bo comportamento” e “boas formas”.

A sociedade española alcanzou cotas de cursilería e de pijismo tan altas que non lle deixan ver a realidade do que pasa por os seus fociños. Mesturamos aceptar polbo como animal de compañía con dar por válido e imprescindible que durante as campañas electorais fáganse promesas, e se estas poden ser espectaculares e incribles, mellor que mellor. Hai que votarlle.

Chegamos a asimilar que para ser político, dos gordos, dos que gañan eleccións ou teñen varios centos de miles de seguidores, tense que ser mentireiro, por que se non, non nos vale. Ademáis de ser corrupto, que á fin e ao cabo, lévao implícito, por definición, o ser mentireiro.

Estamos a tolerar que por unhas cuestións vanales véndannos que encherse os petos de diñeiro, é correcto e mesmo necesario. Pola contra non entra dentro das “boas maneiras” de gobernar ou de falar nos parlamentos. Aí hai que ter “maneiras”, berrar, iso si, pero non sacar zapatos, sandalias ou dar tartazos. Esas maneiras non son maneiras. Primeiro por que che podes atopar con que a marca do zapato non é do gusto do que llo ofreces. El prefire outra marca. En canto á sandalia, igual. Imaxínache que a sandalia ten demasiados buracos. ¿É que non che dás conta de que unha sandalia con demasiados buracos non é fina, coñe?

Das tortas xa non falemos, por que hai que ter en conta varias cuestións. ¿E se o que recibe o tartazo é celíaco, diabético ou alérxico ao merengue?. ¿Que pasa entón? O xuíz, ademáis de acusarche de semellante atentado acusarache de atentar tamén contra a saúde das persoas ademáis da a súa dignidade. Así que a próxima vez que vaias darlle un tartazo a alguén procura decatarche antes da súa saúde. É máis, as pastelarías son zulos de terroristas da torta. Cando saques o zapato ou a sandalia tenta saber os gustos do que tes enfronte e cómprache os adecuados ao momento. Entón as tendas que venden zapatos son arsenais de delincuentes do zapato. E por suposto, se vas porche cos brazos en cruz con libros nas mans, polo menos que sexan best seller. ¿Cómo se che ocorre colocar libros de auto axuda, do Estefanía ou da Tellado, jolín? Hai que gardar as maneiras, as formas e o protocolo, caramba. As librarías son almacéns clandestinos de asasinos de libros.

Eu, particularmente, inclínome por mandalos a todos ao escatológico lugar ao que lles mandou antes Labordeta pero para gardar as formas, as maneiras e os protocolos enviareilles ao lugar no que cae o turullo, ou xusto á beira no que se verten os resíduos sólidos urbanos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director