¿Qué planes hacer este miércoles, 17 de mayo, en Vigo?

Agenda de Vigo.
photo_camera Agenda de Vigo

O Día das Letras ven cargado de actividades en distintos puntos da cidade

VIII Feira de Arte en O Calvario, maios e pandereteiras en Bouzas

A praza de abastos de O Calvario acolle dende as 11:00 horas a VIII edición do Mercado da Arte, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Este ano dedican a celebración do mercado ao poeta Carlos Oroza, que este mes de maio cumpriría 100 anos. O mercado conta con 60 expositores nas disciplinas de cerámica, pintura, ilustración, téxtil, xoieria, serigrafía.

O evento conta con actividades para os nenos, os concertos de Pickan'tones (13:30 horas) e Leira Papaia (19 horas). Por outra banda, a Cultural de Bouzas celebra dende ás 12:00 a confección dun maio, a lectura do pregón, a actuación das pandereteiras de Atlántida e unha exposición de carteis. Tamén con motivo do Días das Letras Galegas a sala Rebullón celebra a VII edición del Miúdo Fest cun obradoiros dende ás 12:00 horas, e as actuacións de Pakolas, Uxía Lambona e a Banda Molona a partir das 17:30.

O Museo Liste ofrece actividades para nenos

Co gallo do Día Internacional dos Museos, o Liste ofrece ás 10:30 recollida de verbas en desuso e actividade infantil sobre Fernández del Riego, e ás 11:30 debate  sobre a lingua galega.

600 corrredores acoden á carreira praia de Samil

Saen ás 10:00 horas uns 600 corredores na Carreira Praia de Samil, que  competirán pola area na baixamar. Organiza o Clube de Atletismo Veteranos de Samil e Concello.

1.100 participantes na volta do Día do Patín

O pabellón ds Travesas celebra ás 10:30 e ás 16:00 o Día do Patín con 1.100 participantes entre nenos e pais. É a volta da festa de peche das escolas municipais de patinaxe trala pandemia.

Te puede interesar