Opinión

Teño fame

Das entrañas deste noso mundo emerxe un terrible clamor: ¡teño fame!  Berro seco que se afoga no interior de millóns de persoas e se apaga irremisiblemente na súa mortal inanición: ¡teño fame!  Lamento dos desherdados, que se ven aplastados pola codicia dos poderosos: ¡teño fame!
Non acabamos de crer que cada ano morren de fame millóns de seres humanos. Isto acontece no noso planeta, no noso mundo civilizado. Mentres nós tiramos alimentos á basura, moitos sucumben rebuscando inutilmente entre desperdicios. Mentres nós satisfacemos apetencias refinadas con licores carísimos, moitos non teñen acceso ao mínimo vital de auga potable. Mentres nós seleccionamos opíparas ceas, moitos desfalecen desesperadamente. Mentres nós dilapidamos inxenio e millóns en dietas de adelgazamento, moitos consúmense cos seus ventres mortalmente hinchados. Mentres nós escollemos con glotonería manxares, moitos non teñen máis que a terra reseca para caérense definitivamente acabados.
¿Por que uns tanto e outros tan pouco? ¿Por que precisamente nós... e eles?  ¿Non podemos facer algo máis por remediar estas situacións inxustas? ¿Non podemos inxectar na nosa sociedade o zume benéfico dunha austeridade salvadora? ¿Non podemos desprendernos de algo que nos sobra para que outros teñan o que lles falta? ¿Quedarémonos comodamente insensibles, abrumados polo peso dunhas cifras que nos desbordan? ¿Seremos capaces de reaccionar solidariamente desde unha sobriedade eficazmente xenerosa?

Te puede interesar