Opinión

Progreso

Normalmente todos buscamos a superación. Pretendemos mellorar no noso traballo. Intentamos que as situacións nos sexan favorables. Quen non desexa ascender?  Ainda que algúns confunden os termos e dedícanse a “trepar”; mesmo chegan a “pisar” a quen lles estorbe a consecución do que queren. Están nesta clave os nosos afáns de progreso?
Os mellores esforzos oriéntanse a conseguir o que axuda máis positivamente a maduración das persoas. Non se trata só de lograr unhas condicións materiais máis propicias. Búscase todo o que favorece efectivamente o ben das persoas.
Tamén é verdade que algúns recortan abusivamente o campo de acción reducindo os seus afáns ao que representa o logro inmediato do que nos produce pracer. Ainda que normalmente non se recoñece este comportamento  Como hai que entender, se non, a ansia desmedida dun enriquecimento absolutamente desmesurado inmediato?
Todo progreso esixe un esforzo. O progreso cultural implica atención, estudo, asimilación, constancia; o económico implica traballo, relacións múltiples, aforro, organización; o social implica cultivar a relación humana, respectar, acoller, aprender de outros; o humano esíxenos unha múltiple dedicación permanente á busca e integración do que nos axuda a madurar como persoas... Por que progreso estamos dispostos a sacrificarnos?
Que é para nós o progreso? Atención á vida, aceptar o reto dun proceso sempre aberto, manter en alza o noso ton vital, abrir novos obxectivos, superar os nosos cansazos, activar a nosa esperanza nun futuro mellor para todos. Desde logo, este progreso non se consegue “arrastrándose”  Onde está centradp o noso cora

Te puede interesar