Cartas al director

LINGUA GALEGA AMORDAZADA

O PP despreza as leises estatais da Memoria Histórica e da Memoria Democrática, e agora ten a desfachatez de dicir que Galicia vive un Novo Rexurdimento.
O Rueda vai pasado de revolucións reaccionarias!… porque hoxe en día a lingua galega aínda segue prohibida no ensino secundario en 4 materias, algo que non pasou no século XIX, porque a lingua galega levaba 400 anos esquecida na literatura, e o Rexurdimento acabou con aquela longa sequía en lingua galega.
Porén no século XXI o hoxe candidato Feijoo (daquela presidente da Xunta) decretou en 2010 a Lei do plurilingüismo no ensino, que nun dos seus artigos vén a dicir que se poden dar en inglés as clases de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química no ensino secundario, porén non se poden dar esas clases en galego!
Manda carallo!

Señor Rueda, ese decreto innominioso segue vixente, e por tal razón vostede está mexando fóra da bacinilla:
En Galicia non pode haber rexurdimento mentras a lingua galega segue estando prohibida nas aulas do ensino secundario.
Como se di en castizo: “¡señor Rueda, me lo ha puesto a huevos!”